12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

12. En definitiva, a historiografía e mais a ciencia social dominantes crearon o

modelo canónico da transición española de acordo cun repertorio construído

nos Estados Unidos desde mediados do século XX. Así é como se pode

entender a Amando de Miguel Rodríguez (1993, 8), un alumno de Linz, cando

afirma que o tardofranquismo e a transición tiveron lugar no escenario

deseñado nas análises do seu mestre, e que, en definitiva, a transición

democrática española non foi máis que a aplicación das súas prescricións.

Para podermos identificar nitidamente as bases do canon politolóxico sobre o

papel da igrexa católica na transición política española examinamos os estudos

que Linz, Huntington e algúns dos seus epígonos –politólogos, sociólogos e

historiadores aceptados como lexítimos por parte dos círculos dominantes da

comunidade científica– elaboraron desde mediados dos anos sesenta do

século XX. Se os textos destes autores son fundamentais –e hai que ter

presente que, de acordo coa teoría dos polisistemas, o texto non é máis que

unha representación dun modelo determinado– é porque acadaron a categoría

de canónicos. Porén, o que hoxe se considera un xeito correcto de entender a

transición política española non é intrínseca ou esencialmente pertinente, e

pode ser matizado, enriquecido ou mesmo substituído por outro ou por outros.

13. Analizado de acordo co modelo canónico dos réximes autoritarios, o

franquismo aparece como un réxime benevolente e permisivo. Certamente, a

ditadura franquista era ambivalente, podía combinar a rixidez fascista coa

flexibilidade dos réximes non fascistas. Isto explica a súa longa duración, é

dicir, a súa capacidade de adaptación e de evolución en función das

circunstancias. Pero se queremos salvar o carácter formalista e ahistórico do

modelo canónico dos réximes autoritarios –que ignora o feito de que non hai

ningún réxime autoritario que careza de ideoloxía– e aclarar a función social e

a dimensión fascistizante desta ditadura do século XX, teremos que adoptar un

enfoque de dominación de clase. Porque o despotismo de clase pode adoptar a

forma dunha ditadura fascistizada, como foi o caso, precisamente, do réxime

despótico franquista, a consistente fórmula política elixida pola coalición

burguesa e reaccionaria que se resistiu manu militari a perder a súa ancestral

675

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!