12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

cabo unha cruzada aberta contra as forzas secularizadoras, tanto durante a

guerra como durante a ditadura franquista. 733 Certamente, o conflito tamén foi

alimentado polas torpezas políticas republicanas: moitas medidas, en si

mesmas coherentes co carácter aconfesional do Estado (como xa indicamos),

foran implementadas de tal maneira que se percibiran polos católicos como

auténticas provocacións. Tras a reacción armada da dereita, o conflito aínda se

agudizou coa brutal persecución á que foron sometidos moitos membros da

igrexa católica, sobre todo ao comezo da guerra, e cuxa máxima expresión foi

unha matanza de dimensións colosais: máis de 6.800 relixiosos e cregos

asasinados. 734 Ademais, uns 5.000 templos católicos foron total ou

parcialmente destruídos, mentres o culto católico tivo que exercerse dun xeito

clandestino (agás en Biscaia e Guipúscoa, baixo control dos nacionalistas

vascos). Non parece que houbese, con todo, unha política de represalias

contra a igrexa católica planificada polo miúdo, nin sequera durante o primeiro

trimestre da guerra (que foi cando a furia popular anticlerical acadou os niveis

máis altos, antes de que as autoridades republicanas volvesen controlar a

situación). Sabedores de que a interpretación da guerra en termos de cruzada

lle fornecía ao réxime unha lexitimación que sería moito máis difícil de

conseguir por outras vías, a xerarquía eclesiástica española e mais a Santa Sé

non dubidaron en apoiar os militares rebeldes. 735

O réxime despótico franquista

Tras a guerra, a ditadura posta en pé polo bando nacionalista vencedor tivo na

igrexa católica un aliado fundamental. O 1 de abril de 1939, cando Franco

proclamou o final da guerra no seu famoso parte de la Victoria, o novo papa

Pío XII –quen, elixido un mes e medio antes, non contara coa simpatía inicial

dos ambientes gobernamentais de Burgos, que o consideraban pouco afecto á

causa nacionalista– envioulle ao ditador un telegrama de felicitación. O 16 de

abril, o papa radiou unha mensaxe inequivocamente favorábel ao novo réxime

político que tivo unha fervorosa recepción nos medios xornalísticos españois. 736

Para Tello Lázaro (1984, 97),

438

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!