12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

para definir o conflito, que se lexitimou pola súa natureza salvífica e

recristianizadora. Mentres a igrexa se integraba de inmediato no nacente Estado

franquista e na súa función represiva, os centros escolares do territorio

controlado polos nacionalistas convertíanse en transmisores dunha ideoloxía

católica que a igrexa, consciente dos perigos inherentes á debilidade militar

inicial da rebelión, lle forneceu ao Movimiento Nacional como un apoio inmediato

en forma dunha base confesábel que disimulaba a defensa dos intereses

burgueses. Polo tanto, o concepto canónico de autoritarismo é formalista e

ahistórico, porque nega o feito de que non hai ningún autoritarismo que non

posúa unha ideoloxía. De feito, Franco sabía que se non quería que o seu

réxime entrase nunha dinámica de loitas intestinas tiña que improvisar un

alicerce ideolóxico sólido. E dado que o poder da igrexa católica estaba intacto

(e a súa ideoloxía totalmente consolidada), a ditadura recorreu ao

corporativismo nacionalcatólico. Loxicamente, a abrogación da laicidade

republicana converteuse nun obxectivo básico do franquismo, o que explica que

xa en 1938 se suspendese a aplicación da regulación do divorcio e se eliminase

o matrimonio civil como único válido.

No binomio que formou coa igrexa, o Estado pasou a ser o polo

dominante en termos políticos: parasitou sen límite a mercadoría ideolóxica que

necesitaba en prexuízo dunha fachada fascista que non tardou en sacrificar.

Polo tanto, durante a ditadura franquista, a simbiose Estado-igrexa resolveuse a

favor do Estado, que incorporou o dereito canónico no español e financiou os

gastos dunha igrexa que arelaba poder beneficiarse facticamente do seu apoio

ao réxime. As normas básicas do Estado franquista puxeron de manifesto a rexa

imbricación da igrexa católica nas estruturas dun Estado que instaurou o

monopolio ideolóxico dunha relixión e que estabeleceu una conxunción de poder,

de feito e de dereito, entre as respectivas xerarquías.

Pero tamén se pode detectar esta imbricación da igrexa católica nas

estruturas do Estado a través das políticas públicas que a beneficiaban a través

de exencións fiscais, subvencións para o mantemento do culto e do clero, para

os centros docentes, para as bibliotecas, etc. Foi con estes privilexios cos que o

Estado mercou a lexitimidade da que carecía. No eido do ensino non

universitario, a igrexa católica erixiuse en usufrutuaria absoluta dos poderes

456

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!