12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

conveniente desfacerse do estilo fascista– se viu na necesidade de intensificar

o seu carácter clerical e lle concedeu á igrexa católica axudas masivas. A elite

do poder non se limitou a realizar simples manifestacións de relixiosidade

oficial, senón que procurou unha verdadeira identificación entre o Estado e a

igrexa católica mediante a incorporación da xerarquía eclesiástica ás posicións

centrais do campo político. Os ingredientes desta operación foron (a) a práctica

clientelar consistente no nomeamento dos bispos por parte do ditador coa

aquiescencia da igrexa, 739 (b) o acceso das elites eclesiásticas ás Cortes e a

outras institucións políticas, e (c) o apoio estatal á igrexa católica, a censura

eclesiástica nos medios de comunicación, a instrución relixiosa nos centros de

ensino e a intolerancia relixiosa. Con todo, hai que ser prudentes á hora de

cualificar o réxime franquista de antimoderno. 740 Esta simplificación descoñece

o feito de que a coalición reaccionaria intentou precisamente controlar e dirixir a

modernización. Esta é a razón de que o Opus Dei, co seu modelo

modernizador tecnocrático e antidemocrático –o célebre desarrollismo, ao que

xa nos achegamos no capítulo 14 e cuxo lema era desenvolvemento sen

democratización 741 –, acabase completamente integrado no sistema político

franquista. Isto sucedeu sobre todo a partir de 1957, cando as novas

circunstancias no campo político internacional –o posfascismo e a Guerra Fría–

lle aconsellaron ao réxime franquista adecentar a súa fachada e borrar as súas

pegadas máis fascistas. As elites devotas e eficientes do Opus Dei non só

accederon ás máis altas responsabilidades de Goberno, senón que tamén

foron ocupando postos chave nos ámbitos da universidade 742 , da educación

privada e das finanzas. 743

Unha sociedade de seguros mutuos: a relación clientelar entre o réxime

franquista e a igrexa católica

Imos realizar agora un pequeno excurso analítico que nos vai permitir pór

claramente de manifesto os niveis de compromiso e as esixencias mutuas das

elites franquistas e da igrexa católica para prolongaren o seu control das

posicións centrais do campo político. Para iso imos recorrer á análise das

440

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!