12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

un caso á parte. (b) Tampouco semella que, durante a mesma época, a igrexa

católica galega, que non parece que desenvolvese un discurso nacional

diferenciado, elaborase unha estratexia de seu, tanto no plano estritamente

político como no doutrinal. A xerarquía eclesiástica en Galiza –en contraste con

certos grupos cristiáns de base próximos ao nacionalismo galego, e co matiz

de figuras algo máis sensíbeis á inculturación, como a do cardeal Quiroga

Palacios 14 – sempre se moveu dentro das coordenadas estabelecidas polo

conxunto dos metropolitanos españois. En xeral, e aínda que foi un dos temas

nucleares da transición política española –especialmente interesante, ademais,

no caso galego–, a cuestión nacional vai quedar fóra deste estudo, xa que un

tratamento minimamente crítico rompería o seu marco.

10. Nas cuestións relixiosas apenas hai observadores neutrais, e os científicos

sociais soen sentir un certo pudor cando, despois de intentar separarse

racionalmente do seu obxecto de estudo relixioso, constatan que as súas

biografías están marcadas polos trazos culturais e propiamente confesionais

das tradicións ás que pertencen. En todo caso, sempre que, malia a súa máis

que probábel falta de neutralidade, un politólogo se achega ao estudo do poder

das relixións, ten que lle prestar unha moi especial atención á igrexa católica.

Máis de mil millóns de persoas integran hoxe a máis importante das confesións

cristiás, e o seu número segue a medrar. 15

Non quero furtarlle ao lector algúns datos persoais que obviamente

determinan en boa medida a miña forma de pensamento e que poden axudar a

explicar o meu enfoque. En primeiro lugar, a miña socialización tivo lugar en

Suíza –onde nacín e me criei até o meu ingreso na universidade–, así que, en

certo modo, a miña análise responde á curiosidade de quen accede á realidade

española desde un contexto moi diferente. Pero unha vez asentado en Galiza

tampouco me parecería honesto simular indiferenza ou distanciamento verbo

da comunidade política que me acolleu e da que agora formo parte. En

segundo lugar, non profeso fe relixiosa ningunha, e polo tanto, na medida en

que tampouco son católico, é evidente que non escribo escorado cara ás

posicións eclesiásticas. Pero as peculiaridades da miña socialización tamén me

mantiveron afastado do anticlericalismo –que ademais, no contexto actual, me

33

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!