12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

terris, de 1963, 914 veu amosar claramente a distancia que separaba o Syllabus

de 1864 das ideas de Xoán XXIII. Este documento parte dunha análise na que

se constatan (a) a convicción xeneralizada de que os seres humanos son

iguais por natureza, (b) o ascenso económico e social dos traballadores, que

esixen ser tratados como persoas en todos os ámbitos da convivencia, (c) o

acceso á vida pública da muller, consciente da súa dignidade como persoa, e

mais (d) a desaparición das relacións de dominación entre os pobos; alude

explicitamente á Declaración universal dos dereitos humanos de 1948 para

afirmar que (e) a persoa ten unha vontade libre e que (f) os seus dereitos e

deberes dimanan da súa natureza humana e son universais, inviolábeis e

inalienábeis, e mais sostén que (g) a autoridade fundada sobre a ameaza ou

sobre o temor é contraria á dignidade, á razón e á liberdade das persoas, polo

que avoga polos réximes xenuinamente democráticos. Como narra Piñol (1999,

186-187), o documento foi amplamente difundido en España, malia que “se

situaba, en su espíritu y en su letra, muy alejado de los fundamentos de la

fortaleza nacionalcatólica”. 915

Así que, aquel 28 de outubro de 1958, cando o patriarca de Venecia, o

cardeal Angelo Giuseppe Roncalli, foi elixido papa, 916 a Curia integrista, que

desexaba un pontificado máis curto e menos dramático que o do predecesor,

Pío XII, non calculara ben a intelixencia política do vello e ideoloxicamente

prudente Xoán XXIII. Porque menos de tres meses despois, o 25 de xaneiro de

1959, para sorpresa xeral 917 e rompendo coa perspectiva de plácida

continuidade da Curia, o papa convocou o Concilio Ecuménico Vaticano II 918 co

propósito de realizar o aggiornamento da igrexa católica e quedar así en

mellores condicións de defender os seus intereses. 919 Tras crear unha comisión

antepreparatoria (maioritariamente composta por membros da Curia, pero

dirixida, non polo intransixente e temido Santo Oficio 920 , senón pola Secretaría

de Estado), cuxos traballos, orientados a controlar a marcha do concilio,

finalizaron en xullo de 1960, 921 a organización do concilio, que se prevía

extraordinariamente complexa dada a asistencia de varios miles de persoas de

moi diversa procedencia, 922 pasou ás mans dunha comisión central de

coordinación e doutras 10 comisións sectoriais, que a Curia xa non puido

controlar totalmente e nas que os bispos e os teólogos de fóra de Roma

545

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!