12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

autonomía dos líderes políticos españois verbo dos electores e os grupos sociais tería así a súa

orixe nos pactos por arriba durante a transición, que provocaron que o réxime democrático sexa

relativamente restritivo e que as decisións estean fortemente concentradas nos dirixentes dos

partidos políticos. Predominan as decisións unilaterais e tendenciosas dos gobernantes mentres

se mantén unha baixa participación social. Vidal-Beneyto (2007d, 23-24) coincide amplamente

con Soto Carmona na valoración da democracia española, que, “con su conformismo

parlamentario, con su obsesión partidaria por el poder y con su vocación de control social”, está

“cada vez más alejada de la voluntad popular” e tende cara á “confirmación del orden y de las

clases dominantes”.

Para Garcés (1996, 171-174), a restauración da monarquía –que Franco decidiu en 1969

designando a Juan Carlos de Borbón como sucesor seu e preterindo o conde de Barcelona–

encaixaba perfectamente nos plans estadounidenses: o futuro rei, formado por Franco,

“continuaba así automáticamente dentro de la Coalición de la Guerra Fría, si bien se le

reconocía autonomía para devolver a los españoles su soberanía interior pero en ningún caso

la exterior”. A “pausada operación sucesoria” de Juan Carlos de Borbón estaba investida da

lexitimidade derivada do golpe de Estado do 18 de xullo de 1939, pero carecía por completo de

lexitimidade dinástica. Por iso, o futuro monarca desenvolveu unha estratexia –aceptada pola

oposición socialista e comunista, só formalmente republicana– orientada cara á procura da

“legitimación democrática, facilitando con ello la recuperación de las libertades civiles y

políticas”, aínda que rexeitase “la revisión crítica de la Dictadura, tanto de su origen como de su

obra”, e excluíse un pronunciamento cidadán sobre a forma de Estado. Téñase en conta que,

segundo recolle Garcés (1996, 170-171), no informe sociolóxico da Fundación FOESSA do ano

1970, o 49,4% dos españois prefería a república como sistema posfranquista, fronte a un

20,8% que prefería a monarquía.

En contra do que semella significar este último dato sociolóxico, Aguilar Fernández (1996a,

230, 232-239 e 360) opina que a preocupación da sociedade española por non repetir os erros

que acabaran coa II República conduciu a que se procurase non reproducir o deseño

institucional republicano, o que explica a preferencia pola forma monárquica de goberno.

Ademais, a opción monárquica pode ser interpretada, segundo esta autora, como unha das

estratexias postas en marcha para evitar “tanto la ruptura del régimen como la contienda”: “se

procedió a la búsqueda de nuevas [sic] instituciones que pudieran contribuir a estabilizar la

situación”. O rei, que até a morte de Franco non semellara amosar ningunha predisposición

cara á democracia, probou despois que posuía unha gran habilidade negociadora –da que a

ambigüidade foi un ingrediente esencial–, desempeñou con fortuna un papel moderador,

neutral e estabilizador, e foi quen de obter un amplo apoio popular. Malia que o PSOE e outros

grupos menores mantiveron durante un tempo unha actitude testemuñal, ningún partido

cuestionou seriamente a lexitimidade do monarca. Xa en 1977, o PCE pactou co Goberno de

España, entre outras cousas, a aceptación da monarquía (e, polo tanto, a renuncia ao

referendo sobre esta cuestión previo ao referendo sobre a Constitución) a cambio da súa

legalización. Os pequenos partidos republicanos foron excluídos das eleccións de 1977 para

evitar o que sucedera nas últimas eleccións municipais da monarquía de Afonso XIII: que “los

resultados de unas simples elecciones volvieran a servir de plebiscito sobre la forma de

Estado”. Privado da lexitimidade dinástica (a restauración monárquica debera producirse na

figura de seu pai, o conde de Barcelona), o rei comezou a súa andaina equipado unicamente

coa lexitimidade de orixe franquista.

804

Sobre o Partido Socialista Popular, v. García San Miguel, 1981, 126-127.

805

Sobre o Partido Comunista de España durante a transición, v. García San Miguel, 1981,

128-130 e 149-153.

806

Peces-Barba Martínez (1988, 28, 31, 38-39, 63, 137, 147-150 e 183) admite que o PSOE se

sentiu incómodo defendendo a súa histórica opción republicana, que mantivo por motivos

tácticos coa intención de abandonala a medio prazo. O voto particular republicano do PSOE

aínda foi defendido na comisión constitucional.

807

Calleja Sáenz de Navarrete, 1988, 43. Segundo Díaz-Salazar Martín (2006, 199), a

legalización mesmo “contó con el apoyo de los dirigentes de la Conferencia Episcopal”.

808

Capella (2003, 30-31) critica as dubidosas credenciais democráticas deste proceso

electoral.

839

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!