12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Posibelmente, o feito de que Linz opte por recorrer á teoría de Geiger se

deba a que pretende fuxir do concepto marxista de ideoloxía, que salienta,

como acabamos de ver, a súa vertente xenética e mais a súa función práctica

na dinámica política e social. Que Linz sexa un dos poucos autores canónicos

nos que se produce unha recepción da obra de Geiger –que, en palabras de

Geißler (1985), é un clásico case esquecido 327 – podería quedar nunha simple

curiosidade se non fose porque Linz, fiel aos presupostos do repertorio

funcionalista, se ve forzado a adoptar algunha teoría das clases sociais. Como

nos recorda Laurin-Frenette (1993 4 , 3), é precisamente na teoría das clases –

na teorización da desigualdade social– onde converxen as liñas directrices do

repertorio funcionalista (sistema social, acción social, poder, cambio, etc.).

Theodor Julius Geiger foi un sociólogo danés de orixe alemá, nado en

Múnic en 1891 e morto nunha travesía de Canadá a Dinamarca en 1952.

Socialista convencido e membro do Partido Socialdemócrata de Alemaña, foi

expulsado en 1933 da súa praza de profesor de socioloxía da Escola Técnica

Superior de Braunschweig. Os nacionalsocialistas tíñano por un suxeito de

dubidosa fidelidade á causa nacional. En 1938 foi nomeado profesor na

Universidade de Aarhus, en Dinamarca. Foi un dos cofundadores da

International Sociological Association. Un tema ao que lle dedicou un

importante esforzo foi o da desigualdade. Nun intento por afastarse da teoría

de clases de Marx e por amosar as novas tendencias do desenvolvemento

socioestrutural, Geiger recorre ao concepto de estrato social 328 . Como sinala

Geißler (1985, 391-392), o que fai Geiger, en realidade, é reducir a clase a un

concepto histórico, a unha forma histórica específica do estrato social,

concretamente á forma correspondente á fase alta do capitalismo

decimonónico. O estrato presenta tres aspectos relacionados entre eles: a

situación social (ou status) dos membros, a mentalidade e os determinantes.

Para Geißler (1985, 392-394 e 407), o concepto de estrato de Geiger

implica os efectos da situación vital sobre a psique dos membros do estrato.

Nisto, por certo, Geiger achégase ao concepto marxiano de conciencia de

clase. En Die soziale Schichtung des deutschen Volkes. Soziographischer

Versuch auf statistischer Grundlage, de 1932, Geiger define a mentalidade

213

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!