12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

coa “interpretación conservadora de la Guerra Civil, de la Dictadura y de la Transición”, do

“gran distanciamiento que existe en España entre la cultura académica, por un lado, y la

opinión y cultura popular, por el otro”. A teoría dos campos de Bourdieu apréndenos que,

dentro dos campos científicos –o historiográfico, o politolóxico, etc.– que estudan o período ao

que alude Navarro, os autores non canónicos, que ocupan posicións subordinadas, están

inmersos en loitas desiguais pola autoridade científica. O certo é que a cultura académica

dominante non está en absoluto afastada da opinión e da cultura populares, xa que os

correspondentes campos –os científicos antes aludidos, pero tamén os de produción cultural,

como o mediático, o literario, etc.–, aínda que son relativamente autónomos, están

interrelacionados e son destinatarios das estratexias de conservación das clases dominantes

no campo do poder.

51 Bourdieu, 1976, 101, e 2001, 91-93, 116-119, 146, 151-166, 187 e 193-198.

52 A partir de agora referirémonos a el por Giner.

53 No capítulo 2 achegarémonos aos conceptos de repertorio e de canon.

54 Sobre as supostas imparcialidade, autonomía e neutralidade científicas, v. Pérez Sedeño,

2005, que non alude a Bourdieu.

55 Pérez Varela (2004, 7) tamén subliña: “O valor dunha obra en particular, ou do conxunto da

obra dun autor, é unha crenza nacida nun momento determinado e nun grupo humano máis ou

menos amplo (o campo): polo tanto, a orixe desa crenza pode ser rastrexada mediante a

identificación e a análise do campo”. O mesmo autor (Pérez Varela, 2004, 8-9) salienta:

Bourdieu [...] aspirou a desmontar a mecánica dun sistema que leva os dominados a aceptar a súa

dominación: reconstruír (ou deconstruír) xa non as lexitimidades, senón o proceso de creación de cada

lexitimidade. Para Bourdieu, unha sociedade non pode ser pensada sen recorrer á idea de dominación,

expresada esta nas estratexias dos grupos e dos individuos que ocupan posicións distintas (isto é, desiguais)

no seo dun campo: a socioloxía poderá así fornecer aos dominados os instrumentos para desenmascarar a

súa dominación. O compromiso científico obriga o sociólogo a non permitir que os conceptos, os problemas

reais ou ficticios,... o obxecto de estudo en suma, lle sexan impostos dende fóra, dende o espazo do poder

ou dos creadores de opinión. O carácter evidentemente político desta formulación explica moitas das

reticencias ante a súa obra [...]”.

É probábel que este carácter político da obra de Bourdieu explique tamén as “reticencias” de

Verdès-Leroux (1998), quen, desde unha posición conservadora e recorrendo a miúdo a

argumentos ad hominem, realiza unha extensa e minuciosa crítica da obra de Bourdieu. Acusa

o autor de escribir desde o resentimento e o radicalismo e de transmitir unha visión irreal,

catastrófica e demagóxica do mundo. Segundo esta autora, Bourdieu elabora unha socioloxía

que se confunde coa moral e coa política e que desemboca nun discurso ideolóxico fillo dun

leninismo sofisticado. Ademais, a lectura da súa obra escrita sen rigor e cunha linguaxe

artificial e complexa –inaccesíbel para os teóricos destinatarios, é dicir, os dominados– resulta

extenuante, pesada, árida e repetitiva. En definitiva, a obra de Bourdieu sería banal,

inconsistente, irreflexiva, contraditoria e autorreferente. Pérez Varela (2004, 17, nota 10)

observa que tras a crítica de Verdès-Leroux se desencadeou “unha auténtica campaña de

denigración da obra de Bourdieu polo grupo Le Monde (na que participaron Philippe Sollers,

Bernard Henri-Lévy, e Alain Finkielkraut)”.

En España, como ben apunta Ballester Brage (2004, 88 e 102), a recepción das propostas

metodolóxicas de Bourdieu é bastante limitada. Hai algún autor, como v.g. Díaz-Salazar Martín

(2006, 87), que recorre a Bourdieu máis ou menos accidentalmente. Para unha visión xeral da

obra de Bourdieu, v. tamén Pinto, 2002.

56

[Consulta: 13 de febreiro de 2008]

57 Para unha nova achega do autor a este tema, v. Ash, 2008.

58 Varios maxistrados formularon votos particulares. Así, Jorge Rodríguez-Zapata Pérez alude

á declaración marco do Consello da UE á que fixemos referencia supra, recordando que nela

se propón precisamente o castigo da negación e da trivialización ofensiva dos crimes de

xenocidio. Ramón Rodríguez Arribas láiase de que España se adiantase tipificando o delicto de

negacionismo para, xusto no momento no que se postula a inclusión deste tipo penal en todos

os ordenamentos xurídicos europeos, proceder a despenalizalo. Finalmente, Pascual Sala

Sánchez tamén se refire á declaración marco do Consello da UE, que se inspiraría no mesmo

criterio seguido polo artigo 607.2 do Código penal.

59 Obviamente, os negacionistas prefiren o termo revisionismo, que designa unha posición

dentro do campo historiográfico.

60 Apoiámonos en Bailer-Galanda, 1996, Kaye, 1997, e Shoá האוש. Enciclopedia del Holocausto,

2008 2 , 363-364.

763

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!