12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

catolicismo español tardase tanto en producirse obedeceu a varias razóns: (a)

A pervivencia do carlismo até finais do século XIX e a transferencia dos seus

apoios cara ao integrismo extremista tras a derrota da causa carlista. 380

Evidentemente, neste contexto de mobilización relixiosa integrista e tamén

rexional-nacionalista dos laicos católicos, a xerarquía eclesiástica tivo que

procurar non entrar en conflito co Estado. (b) Un partido católico parecía

innecesario en vista do ordenamento constitucional da Restauración –a

Constitución de 1876– e das políticas dos partidos dominantes durante este

período. 381 O carácter oficial do catolicismo e mais a gran influencia da

xerarquía eclesiástica permitían desbotar outras formas de mobilización

católica. (c) Desde outra perspectiva, o que se daba era unha situación de

dependencia política e económica 382 da igrexa católica verbo do Estado. (d)

Por outra banda, o catolicismo estaba politicamente dividido entre os integristas

e os mestizos, que aceptaban o réxime. (e) A xerarquía non apoiaba a

participación activa dos segrares na vida pública, posibelmente por medo a que

isto puidese proporcionarlles aos integristas unha nova plataforma. (f) O

subdesenvolvemento e a desamortización minguaron a influencia da igrexa

católica entre a poboación até o comezo do século XX, cando apareceron a

ACNP (1908), o xornal El Debate (1911) e a ACE (que naceu máis tarde que

noutros países europeos). (g) Ao igual do que, en xeral, lle sucedeu ao laicado

católico durante o que xa era a época da política de masas, a ACE atopou

serios atrancos para a súa mobilización na decisión do Vaticano de non apoiar

a existencia de partidos católicos (encíclica Cum multa do 8 de decembro de

1882) e mais na súa presenza limitada aos territorios máis desenvolvidos de

España.

En 1908, como acabamos de ver, naceu a ACNP, unha pequena e

selecta organización católica laica de inspiración xesuíta formada por altos

funcionarios, profesionais e profesores universitarios, 383 da que se nutrirían as

elites gobernamentais españolas e que tería un papel político decisivo durante

a II República e o réxime de Franco. 384 Os católicos españois, unha vez

desaparecidos a monarquía e mais os partidos dinásticos, chegaron aos anos

trinta sen unha organización de masas que lle puidese facer fronte ao

anticlericalismo republicano, socialista e anarcosindicalista. Á vez, a igrexa

244

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!