12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

arrincou a mediados dos anos sesenta e culminou na asemblea conxunta de

bispos e sacerdotes de 1971. 354 Cando estudamos a metodoloxía transitolóxica

canónica puidemos ver como a igrexa católica, cuxos privilexios se

consideraban intanxíbeis, apoiou a opción reformista. A estas e outras

cuestións dedicarémoslles as seguintes páxinas, nas que nos achegaremos ao

papel da igrexa católica durante a transición política española.

E para tal efecto teremos que nos mergullar novamente na obra de Linz,

quen, por certo (Linz, 1997, 110), malia o seu manifesto desinterese pola

estrutura organizativa da igrexa católica e cunhas expectativas se cadra

excesivamente ambiciosas, concibe na súa obra un “very Weberian project” a

longo prazo, consistente nun estudo comparativo sobre política e relixión que

abarcaría “patterns in all the religious traditions and all the types of regimes, in

modern times”. En termos xerais, Linz (1993, 46-59) entende que, en España, a

relación entre a política e a relixión estivo marcada polo seu carácter destrutivo,

aínda que non se diferencia basicamente da que se dá noutros lugares: a

igrexa católica adoita adaptarse aos cambios profundos de tipo social e cultural

(que conducen a cambios políticos), e mesmo pode participar neles. Outro

autor que nos acompañará nas próximas páxinas será Hermet, amigo de Linz e

directamente implicado na construción do repertorio canónico (Linz, 1997, 106).

Trátase probabelmente do científico social que, dentro deste repertorio, lle

dedicou o esforzo máis importante á elaboración dun modelo sobre as

relacións entre o Estado español e a igrexa católica no século XX.

A igrexa católica como actor político na España contemporánea

A Restauración e a ditadura de Primo de Rivera

Durante o século XIX, segundo Linz, a igrexa católica española identificouse

coas posicións conservadoras antiliberais e antimodernas: a España

decimonónica estivo dividida por guerras civís entre, por unha banda, os

liberais, e, por outra banda, os tradicionalistas católicos, que mobilizaron

234

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!