12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

O franquismo como réxime despótico

Definición

Como puidemos ver, o franquismo encaixa –cos matices que xa indicamos–

nos Idealtypen do absolutismo despótico e do despotismo reaccionario

propostos por Giner e os seus coautores. No sucesivo intentaremos propor un

modelo que nos sirva para comprender o franquismo como un réxime

despótico, é dicir, como unha ditadura militar fascistizada da elite burguesa

cuxo obxectivo foi a dominación dos campos social, político, ideolóxico e

económico, e que reduciu a mobilización política a un nivel controlábel,

limitándoa ás clases media e media alta.

Giner (1972b 615 , 5) entende que o final da Guerra Civil Española

significou a consolidación no poder das clases sociais que tradicionalmente

ocuparan as posicións de dominación no campo político español, pero que se

viran acosadas polo proletariado urbano de adscrición socialista e anarquista,

por un sector do campesiñado e por unha intelectualidade destacada e activa.

Polo tanto, e para poderen fornecer unha explicación satisfactoria da

consolidación e da permanencia do réxime franquista a partir de 1939, Giner e

Sevilla-Guzmán (1975, 83, 87, nota 6, e 104) levan a cabo o que cualifican de

intento de interpretación do franquismo desde un enfoque de dominación de

clase, no que se constata que as dereitas españolas atoparon finalmente a

fórmula política que buscaban desde 1808 e que lles garantiu un vínculo sólido

entre o réxime e o modo de dominación de clase. Os autores advirten que “en

ningún caso concebimos que sea separable el poder estatal de la dominación

de clase, a pesar de la importante cuestión de la «autonomía relativa del

aparato estatal»”. Conclúen que o franquismo foi un réxime clasista,

conservador e abertamente reaccionario, e formulan a hipótese de que a

permanencia do réxime despótico español malia os grandes cambios sociais –o

despegue neocapitalista, a secularización, a urbanización masiva e as grandes

migracións– se poida explicar polo parecido existente entre a súa fórmula

380

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!