12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A etioloxía dunha invención: o repertorio funcional-pluralista

Das teorías da modernización ao repertorio canónico

O repertorio funcional-pluralista é un produto das teorías da modernización, e,

en concreto, da investigación sobre o desenvolvemento 128 , que naceu nos

Estados Unidos de América despois da Segunda Guerra Mundial. Almond

relata como, entre mediados dos anos corenta e mediados dos sesenta do

século XX, a International Political Science Association e mais o Committee on

Comparative Politics do Social Science Research Council estadounidense –que

Almond coñece moi ben, xa que foi o seu primeiro director en 1954 129 – puxeron

en marcha programas de estudos de política comparada que, partindo de

premisas tales como a de que non pode haber desenvolvemento económico

sen desenvolvemento político, pretendían estender o ámbito da ciencia política

empírica, afastar os estudos políticos sobre Europa e o Terceiro Mundo do

formalismo e do ideoloxismo e interpretar a reconstrución dos gobernos e das

economías de Europa a partir do remate da Segunda Guerra Mundial, así como

a explosión de nacións e os intentos de modernización no Terceiro Mundo. As

investigacións sobre o desenvolvemento intentaban atopar unha explicación

para unha situación internacional na que, mentres nunha Europa destruída

tiñan lugar axustes territoriais e se constituían novas institucións de goberno e

novos sistemas electorais, de partidos e de grupos de interese, xurdían novos

Estados no Oriente Medio, en África e en Asia. Neste contexto caótico, os

estudos de política comparada dos anos cincuenta e sesenta do século XX

representaron o intento estadounidense por comprender a nova e complexa

realidade desde un punto de vista máis sincrónico que diacrónico. Dado que os

cambios violentos e revolucionarios tiñan un alto custo en vidas humanas e en

destrución material, toda a atención púñase na orde política e na consecución

de cambios sociais co menor custo posíbel. A inclinación pluralista das teorías

do desenvolvemento non era máis que un esforzo desesperado por reintroducir

o pluralismo en sociedades que intentaban eliminalo. 130

96

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!