12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

cantidade de réximes non democráticos en países situados na periferia

xeopolítica e/ou económica en termos de desenvolvemento tecnolóxico e

económico. 613 Estes países escasamente industrializados e urbanizados, con

altas taxas de pobreza e analfabetismo e grandes desigualdades sociais, teñen

formas autocráticas de goberno que lles poden garantir ás burguesías locais a

súa continuidade como clase próspera e privilexiada:

In fact, the bourgeois stratum has given its allegiance to either ‘law-and-order’ right-wing

military dictatorship (Chile, Argentina), conservative parliamentary régimes (Venezuela,

Spain) or even socialist one-party régimes (Algeria) not according to any capricious

switches of loyalty, but as coherent conjunctural responses to its position within the

economy and in the structure of privilege, through calculations about its chances of

survival and betterment in each case.

Neste sentido, os nosos autores elixen a categoría dos réximes

despóticos para referirse aos sistemas políticos non pluralistas que, xurdidos

das crises históricas impostas pola forza, non permiten o estabelecemento dun

equilibrio negociado das forzas políticas presentes no seo do Estado. Estes

réximes reprimen calquera movemento ou ideoloxía que supoña un desafío aos

privilexios de clase e corporativos que representan. Con todo, a longo prazo os

réximes despóticos modernos teñen que atender certas arelas e aspiracións

amplamente espalladas na sociedade, polo que non poden evitar a

implementación de políticas que, malia non suporen reformas substanciais, si

implican certas transformacións parciais nos campos social, económico,

educativo, etc.

Os réximes despóticos modernos poden manifestarse de distintos

modos: (a) Os despotismos autocráticos danse en países cunha administración

pública débil e unha moi escasa modernización organizativa, nos que o poder

político arbitrario é ocupado por un notábel ou por un xefe militar. A Uganda do

xeneral Amin Dada sería un réxime autocrático-despótico típico. (b) Os

despotismos social-nacionalistas nacen dunha alianza entre o exército e certos

sectores “progresistas” con vistas á creación dun Estado autónomo e

“antiimperialista” baseado sobre o nacionalismo. O Exipto de Nasser sería un

exemplo deste tipo de despotismos. (c) Os despotismos reaccionarios son

377

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!