12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

até chegarse ao que Pérez Díaz (1994 2 , 161) cualifica de “especie de

mesogobierno cultural o moral a cargo de la Iglesia [...], que ahora disfrutaba

de recursos extraordinarios para el control de los espacios públicos y privados

de la sociedad”. Coherentemente, o Ministerio de Asuntos Exteriores

permaneceu durante 23 anos (entre 1945 e 1969) nas mans dos católicos 624

Alberto Martín Artajo 625 e Fernando María Castiella. Algo similar sucedeu no

Ministerio de Educación con José Ibáñez Martín e Ruiz-Giménez 626 . 627

A terceira e derradeira etapa do réxime franquista é a da evolución

institucional. De acordo cos relatos de Botti (1993 2 , 123-135), Morodo (1984, 62-

72), Ruiz Rico (1977, 138-140) e Tusell Gómez (1984a, 214), os anos cincuenta

trouxeron consigo a fin do illamento 628 e mais importantes cambios

socioeconómicos. A confesionalidade católica revelouse como un recurso

irrenunciábel para o Estado, tanto interna como internacionalmente. Os axentes

políticos católicos colaboracionistas, incorporados ao Goberno a partir de 1945

cunha clara finalidade instrumental, cultivaban unha imaxe democratacristiá no

exterior (especialmente no mundo anglosaxón), onde posuían bos contactos, e o

flexíbel réxime fascistizante español foi quen de percibir os beneficios derivados

do protagonismo dun catolicismo político disposto a darlle cobertura á

destotalitarización formal do réxime e a aparecer como avalista político

internacional. A continuidade do réxime quedou garantida co éxito –un éxito

católico– que supuxeron, entre 1950 e 1953, a supresión das sancións da ONU

e os asinamentos do concordato coa Santa Sé e dos acordos bilaterais cos

EUA. No concordato de 1953 –asinado o 27 de agosto e ratificado o 26 de

outubro– 629 , a Santa Sé implementou a súa estratexia anticomunista global

malia os aspectos embarazosos da ideoloxía político-relixiosa do réxime

despótico franquista. Segundo Laboa Gallego (1981, 82, e 1988b, 18-19), se a

Santa Sé tardou tantos anos en asinar o concordato co Goberno de Franco foi

porque “el Vaticano aguardaba a que se desglosase en el clima internacional la

doble significación que había tenido el conglomerado contra el eje: por una

parte, el frente contra el totalitarismo fascista, y, por otra, el frente contra el

totalitarismo comunista. Tenía que aparecer claro que el Vaticano pactaba no

con la España fascista sino con la España anticomunista”. 630 No texto quedaron

recollidos os privilexios que se lle recoñecían á igrexa católica e que se

384

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!