12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Unha tecnocracia ao servizo do poder político do papa: o sistema central de

goberno da igrexa católica

Para empezar, Reese (2003 6 , 109) observa que a Curia ten unha estrutura

complexa e confusa para os non iniciados, o que se explica en parte porque se

desenvolveu historicamente dunha maneira ad hoc, en resposta a necesidades

específicas: “It is a product of history, not management theory”.

Zizola (1977), nun texto escrito desde unha perspectiva católica que

avoga pola desburocratización, a desconcentración e mais a despolitización da

institución eclesiástica (algo dificilmente imaxinábel, por certo, se temos en

conta que, como vimos no capítulo 11, todo grupo implementa políticas e

precisa dotarse da correspondente organización do poder), describe a estrutura

monárquica, piramidal e burocratizada do sistema central de goberno da igrexa

católica como unha tecnoestrutura moderna extremadamente eficaz. 558 O

poder reside na Curia, un aparato burocrático complexo, xerarquizado,

centralizado e racionalizado. A Secretaría de Estado, que dirixe e controla a

Curia, é unha superestrutura que domina o conxunto do sistema e está

pensada como a instancia superior da que emana directamente o poder

persoal do papa. Os demais dicasterios dependen da Secretaría de Estado até

o punto de que as súas competencias son exclusivamente de execución

administrativa. Toda a estrutura está pensada para lle asegurar ao papa un

control real da Curia e para evitar a aparición de divisións e de clans que sexan

quen de acumular o poder suficiente para oporse ás decisións do pontífice. O

cal conduce a unha burocratización da función papal. As reunións periódicas do

consello dos cardeais prefectos de congregación non son en absoluto

comparábeis aos consellos de ministros, porque non pasan de simples

intercambios de información. Tampouco o sínodo dos bispos –as reunións dos

delegados das conferencias episcopais, que teñen lugar en Roma cada tres

anos– escapa da subordinación á administración central, malia que debería ser

expresión do principio de colexialidade episcopal consagrado, aínda que dun

xeito ambivalente, no Concilio Vaticano II. Tamén os presidentes das

conferencias episcopais acaban convertidos en pezas da engrenaxe da

350

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!