12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

As clientelas das que se abasteceu a elite política do réxime franquista –

é dicir, os sectores que fixeron posíbeis as carreiras políticas (sobre todo até

finais dos anos 50)– foron a alta xerarquía militar –o exército foi o vieiro

principal cara ás posicións de poder–, a alta burguesía agraria, industrial e

financeira, a aristocracia e os núcleos monárquicos, o partido único –Falange

Española Tradicionalista y de las JONS, que destacou no bloque do poder

como consecuencia da natureza do réxime, que se autodefinía como

totalitario–, os corpos funcionariais de elite –letrados do Consejo de Estado,

diplomáticos, catedráticos de universidade, enxeñeiros de camiños, enxeñeiros

agrónomos, xuíces, fiscais, etc.– e, por suposto, a igrexa católica. Estes

centros clientelares tiñan en común un carácter esencialmente xerárquico e

unha natureza institucional. No caso específico da igrexa católica, tratábase

ademais dunha corporación de rancio sabor estamental. Os intereses destas

clientelas eran dispares, pero presentaban un notábel grao de articulación e de

agregación. O que as unía pesaba moito máis que o que as separaba.

Era preciso cumprir o requisito da dobre lealdade ao caudillo e ao réxime

para conseguir ou manter un cargo político de relevancia. Á marxe deste

requisito había outros factores que operaban positivamente: a riqueza, o

parentesco, a amizade, a pertenza a determinados corpos da administración

pública, etc. O propio Franco marcou a pauta ao nomear para postos de

máxima responsabilidade a parentes, amigos, compañeiros de armas nacidos

en Ferrol (a súa cidade natal) e oficiais de promocións próximas á súa. En

definitiva, no réxime franquista –coa súa lexitimidade derivada do golpe de

Estado de xullo de 1936–, foi o caudillo carismático quen designou as elites. E

este sistema que rexeu a selección da elite política franquista reforzouse

permanentemente. En efecto, o poder político presidido polo xeneral Franco

seleccionou a elite e, a través deste proceso de cooptación, asegurou a

continuidade da súa lexitimidade e da súa permanencia, xa que a elite lle debía

a súa condición á vontade do xefe.

A Guerra Civil Española presentouse como unha cruzada na que a

vitoria relixiosa debía beneficiar o seu principal protagonista, a igrexa católica,

que pasou a ser un dos piares da política, da ideoloxía e mais da organización

do Estado que xurdiu da contenda, amén de canteira de provisión de cadros. A

445

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!