12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

corporatismo, obviamente, non é máis que “one of several possible modern

configurations of interest representation, of which pluralism is perhaps the best-

known and most frequently acknowledged alternative”. O autor subliña,

ademais, que o corporatismo “is ‘compatible’ with several different regime-

types, i.e., with different party systems, varieties of ruling ideology, levels of

political mobilization, varying scopes of public policy, etc.”. 450 Finalmente, ofrece

unha lista cos elementos constitutivos do seu modelo corporatista: (a) Os

monopolios representativos dos intereses son importantes para explicar os

comportamentos políticos e os seus outputs. (b) As xerarquías subordinan e

coordinan as actividades de sectores económicos e/ou clases sociais. (c) A

adhesión e a vinculación dos individuos ás corporacións non é sempre

voluntaria. (d) As corporacións non se limitan a recibir os intereses xa formados

dos seus membros, senón que poden ter unha participación activa na

identificación e na formación de tales intereses. (e) As corporacións tampouco

se limitan a transmitirlles as preferencias dos seus membros ás autoridades

estatais, senón que poden dirixir o comportamento dos seus membros activa e

coercitivamente, en especial a través da delegación de responsabilidade na

aplicación de determinadas políticas públicas. (f) O Estado, pola súa banda, é

un elemento constitutivo, empeñado en definir, modificar, fomentar,

regulamentar, autorizar e/ou reprimir as actividades das corporacións. (g) As

corporacións non deben ser entendidas sempre como entidades autónomas

que exercen desde fóra presións sobre o Estado. Pola contra, a acción das

corporacións pode ser (polo menos parcialmente) dirixida desde instancias

públicas, e as corporacións poden chegar a compartir co Estado –a través dun

acceso institucional selectivo– a responsabilidade na formulación e na

implementación das políticas públicas. 451

Este último é un elemento esencial do modelo corporatista que estamos

a analizar. Goldthorpe (1984, 324) subliña que as organizacións que

representan intereses privados son incorporadas aos procesos de formación de

politicas públicas en áreas que son especialmente sensíbeis para elas. En

contrapartida, estas organizacións deben asumir unha responsabilidade na

implementación efectiva das políticas públicas ás que están vinculadas.

283

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!