12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

García Escudero 342 : o consensualismo como elemento canónico central

Como constatamos no capítulo 6 e neste mesmo capítulo, o consenso é un

elemento chave do modelo canónico sobre a transición política española: 343

aparece como o resultado da reflexión sobre os erros cometidos por ambas

partes durante a Guerra Civil Española (Linz), opera como elemento moderador

e desradicalizador durante o proceso de transición (Huntington) e fortalece o

réxime xurdido do proceso a través da lexitimación dos partidos e dos

dirixentes políticos (Maravall e Santamaría Ossorio). Voltaremos ao mito do

consenso máis adiante, aínda que xa desde unha perspectiva crítica. Así, no

capítulo 9 poderemos ver as razóns polas que o funcionalismo sente unha

especial predilección polo consenso como instrumento da orde.

Pero antes imos reparar nun interesante ensaio de García Escudero

(1987) que representa un modelo especialmente ben acabado –realmente

paroxístico, de feito– sobre este elemento do repertorio canónico. O autor

desenvolve a idea de que o consensualismo da transición forma parte dun

continuum da historia de España. O núcleo desta tese está formulado nesta

fermosa pasaxe:

No hemos sido un pueblo distinto de los demás, sino, sencillamente, una nación que se

adelantó a otras en su sentido de la tolerancia, pero cuyo desarrollo por ese camino fue

estorbado y que por esto llegó al pluralismo contemporáneo tarde y mal preparada.

No siempre fuimos intolerantes, [...] ni todos los españoles lo han sido, ni aun

en los momentos más bajos de nuestra historia.

El que se adentre en ella con el oído atento podrá escuchar, entre el fragor de

las armas, el sereno rumor del agua que corre, y, asomándose al tajo que nos ha

dividido, divisará en el fondo el hilo brillante del río que fluye: la humilde corriente de los

conciliadores. (García Escudero, 1987, 18.)

A Guerra Civil Española foi unha guerra da que foron vítimas tanto os

vencedores como os vencidos e da que xurdiu un réxime autoritario carente de

ideoloxía, como precisa o autor asumindo explicitamente a tese canónica de

Linz: “era imposible que un hombre así [Franco: calculador, astuto, frío,

prudente, ambiguo e amante da disciplina e da orde], que nada tenía de jefe

fascista, produjese un régimen de esa naturaleza, y efectivamente no lo

223

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!