12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

703

Sobre a reacción episcopal ante a lexislación matrimonial republicana, v. Frías García, 2000,

483-570 e 729-730.

704

Sobre a Lei de confesións e congregacións relixiosas, v. Suárez Pertierra, 2001, 80-81.

Segundo o autor, o “tono general de la norma es agresivo y desconfiado”, o sistema que

introduce é “limitativo e intervencionista” e as súas previsións verbo da substitución dos centros

católicos por centros públicos resultaron irrealizábeis e conduciron ao incumprimento da lei. V.

tamén Cárcel Ortí, 2008, 91-92.

705

Andrés-Gallego, Pazos e Llera, 1996, 21-22, Callahan, 2000, 242-243, Chao Rego, 2007,

23-24, Cuenca Toribio, 1985, 41-45, 51 e 67-68, Ferreiro Galguera, 2005, 151-168, Gunther e

Blough, 1980, 70, Lannon, 1990, 216-217, 220 e 225-227, Marquina Barrio, 1980, 6, e 1982,

29-30, Martín de Santa Olalla Saludes, 2003, 27-28 e 238-239, Payne, 1984, 198-205, Raguer i

Suñer, 1981, 52 [196] e 66 [210], Suárez Pertierra, 1978, 11-12, e 2001, 79-82 e 83-84, e Tello

Lázaro, 1984, 49-50.

Casanova Ruiz (2005), Ferreiro Galguera (2005, 164-166) e Marquina Barrio (1982, 30)

recordan que a Lei de confesións e congregacións relixiosas conmocionou a igrexa católica,

como puxeron de relevo a posterior declaración dos bispos dirixidos polo integrista Gomá y

Tomás e mais a encíclica Dilectissima nobis, do papa Pío XI (Pío XI, 1933). Neste último texto,

o romano pontífice, que pretendía expresarse no nome “da gran maioría do pobo español” e

afirmaba estar afastado de calquera “sentimento de aversión cara á nova forma de goberno” de

España, condenaba severamente a Lei de confesións e congregacións relixiosas, que situaba

no contexto dun conxunto de medidas hostís e inxustas –como as expropiacións de bens

eclesiásticos, a “opresión fiscal”, a disolución da Compañía de Xesús ou o divorcio– que

danaban os “sacrosantos dereitos de Deus e das almas” na República. O papa sostiña que “é

un erro serio afirmar que esta separación [entre o Estado e a igrexa católica] é lícita e boa en si

mesma”, dado que non era máis que “a funesta consecuencia [...] do laicismo ou máis ben a

apostasía dunha sociedade que hoxe finxe que está a alienarse de Deus e, polo tanto, da

Igrexa”. Pío XI equiparaba o caso español cos de México e Rusia, onde “a loita contra a Igrexa”

tamén se debía ao “odio contra o Señor e o Seu Cristo fomentado por grupos contrarios a

calquera orde relixiosa e social”. Pero o caso español era especialmente grave, porque España

era unha nación case completamente católica na que a igrexa tiña un papel de primeira

importancia e moi beneficioso en todos os campos, especialmente no lexislativo e no

educativo. Unha finalidade central da lexislación republicana era precisamente a de “educar as

novas xeracións nun espírito de indiferenza relixiosa, cando non de anticlericalismo”. Os

crentes eran chamados “a unirse na Acción Católica” como unha organización suprapartidista

destinada a “formar a conciencia dos católicos, iluminándoa e reforzándoa na defensa da Fe

contra calquera trampa”. (A versión galega das citas da encíclica Dilectissima nobis é nosa.)

Na liña da valoración de Pío XI, Burleigh (2006, 163) entende que España foi “el escenario de

la violencia anticlerical más intensa después de la Rusia bolchevique y el México revolucionario

en la década de 1930”. Tamén Payne (1984, 214) opina que a “persecución de la Iglesia

católica fue la mayor jamás vista en Europa occidental, incluso en los momentos más duros de

la Revolución francesa. El número de eclesiásticos asesinados –unos 7 000– era

proporcionalmente igual al de las matanzas comunistas en Rusia”. (V. tamén Payne, 1984,

242.) Para Callahan (2000, 232), pola contra, a persecución relixiosa entre 1931 e 1933 non é

comparábel coa que tivo lugar en México naquela época ou, xa despois da Segunda Guerra

Mundial, nos países do Leste. En Moritz, 2002, un estudo moi documentado sobre o

colaboracionismo da igrexa católica austríaca co nacionalsocialismo, aparece unha significativa

alusión a unha folla parroquial de Viena, que o 3 de abril de 1938, nunha separata para os

nenos, invitaba a rezar pola expiación dos actos anticatólicos en México, España e Rusia

(Moritz, 2002, 91).

706

V. Laboa Gallego, 1981, 127-128. Suárez Pertierra (2001, 58) afirma: “la política religiosa de

la II República [...] adolece de una cierta falta de correspondencia con la realidad social

española”.

707

En termos moi semellantes, v. Ferreiro Galguera, 2005, 167, e Lannon, 1990, 221.

708

Raguer i Suñer (1981, 65 [209]-66 [210]) coincide nesta apreciación: “la Iglesia española

seguía siendo mucho más peligrosa –políticamente hablando– de cuanto Azaña y en general

los políticos republicanos se imaginaban. [...] El error de Azaña y de la mayoría de los

republicanos fue haber subvalorado la fuerza estructural y la capacidad de reacción política –y

eventualmente bélica– del catolicismo español, o de su cáscara”.

825

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!