12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

propiedade e a transmisión hereditaria dos propios bens –dereitos naturais que

deben permanecer sempre intactos e inviolados– son á vez dereitos individuais e

sociais, polo que “os homes deben atender, non só o propio proveito, senón

tamén o ben común” (algo que, en definitiva, asegura e fortalece os intereses

dos “patróns privados”). O Estado non pode nin suprimir o dereito natural de

propiedade privada –ou gravar este dereito “con impostos e taxas exorbitantes”–

nin limitarse a ser un simple vixía da orde e do dereito que abandona “a recta

orde da economía [...] á libre competencia entre as forzas”, senón que debe

evitar que a propiedade usurpe “contra todo dereito” a hexemonía social. Esta

debe estar precisamente nas mans dos poderes públicos para defender tanto a

propiedade privada como a “xusta liberdade de acción” das familias e dos

individuos, determinar cal é o uso lícito dos propios bens que harmonice co ben

común, estabelecer os límites razoábeis e xustos da libre competencia, procurar

a prosperidade pública e privada, prescribir que unha parte dos beneficios sexan

distribuídos entre os traballadores e ter conta especialmente “dos débiles e dos

pobres”. As institucións deben inspirarse nunha xustiza social efectiva,

constitutiva dun ordenamento xurídico e social ao que se subordina toda a

economía.

Aos traballadores –e sobre todo ás mulleres e aos nenos–

correspóndenlles uns “sagrados dereitos” como homes e como cristiáns, que non

poden ser defendidos mediante organizacións socialistas –que, de feito, deben

ser reprimidas–, senón a través da dirección e da coordinación dunhas grandes

corporacións concibidas como verdadeiros “órganos e institucións do Estado”

nas que as dúas clases sociais, a través “dos representantes dos sindicatos dos

traballadores e dos patróns do mesmo oficio ou profesión”, estabelecen unha

relación de pacífica colaboración. Os obreiros cristiáns encadrados nestas

corporacións seguen os exemplos daquel que “sendo Deus, quixo ser na Terra

un obreiro e un estimado fillo de obreiro”, aceptan e valoran “o posto asignado

pola Providencia na sociedade humana”, abandonan “sinceramente calquera

sentimento de odio e de envexa, que os partidarios da loita de clases explotan

tan astutamente”, son quen de unir “a dilixente práctica do seu traballo cos

saudábeis preceptos da relixión”, así como de “defender con eficacia e firmeza

os propios intereses e dereitos temporais” –agás coa folga, que debe ser

333

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!