12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

tivo que disolverse, e Gil Robles rompeu con Franco e foise para o exilio.

Moitos membros da CEDA (entre eles, Serrano Suñer) convertéronse en

destacados expoñentes do réxime franquista. Os “apolitical [sic] experts” da

ACNP (como Martín Artajo) seguiron a ter unha gran influencia.

Posteriormente, foi o Opus Dei quen asumiu o papel de canteira católica de

elite do réxime. 386

Conclúe Linz (1967 2 , 248) que os democratacristiáns “have been co-

opted by the pluralistic dictatorship of Franco more than by any Fascist regime,

for nowhere was the anticlericalism of the Left so brutal and the state more

willing to grant the Church privileges”.

A igrexa católica e a transición política española

O discreto encanto da xerarquía católica: da recuperación da autonomía ao

distante apoio ao cambio

Linz 387 relata como, durante os corenta anos do réxime franquista –que non

poden ser tratados como un fenómeno unitario–, mentres a sociedade se abría

ás influencias exteriores e se secularizaba –experimentando así un cambio

profundo–, empezou a xurdir lentamente unha actitude de oposición entre os

católicos, sobre todo entre os intelectuais, os laicos e mais os curas máis

novos, que, en contacto coa clase obreira, encaraban criticamente a inxustiza

social. Mentres o clero se identificaba coas minorías culturais e lingüísticas no

País Vasco e en Cataluña, o Concilio Vaticano II acadaba unha moi importante

repercusión (como veremos no punto seguinte). Dividida entre quen adoptaba

posicións reaccionarias e quen, incluído o cardeal primado, toleraba e protexía

a disidencia fronte ao Estado, a xerarquía comezou, no seu conxunto, a

reconsiderar a súa adhesión ao réxime e a procurar unha maior autonomía. E é

que, cando aparecen signos de crise, a igrexa católica, sabedora de que lle vai

sobrevivir a calquera réxime, tende a desidentificarse con el e a recuperar a

súa autonomía. De feito, tras o Concilio Vaticano II e durante a etapa de

246

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!