12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

subsiste en [‘subsistit in’] la Iglesia católica, gobernada por el sucesor de Pedro

y por los obispos en comunión con él” (Catecismo de la Iglesia Católica, 1993 2 ,

punto 816).

Pola súa banda, os científicos sociais soen eludir a cuestión –coas

excepcións que veremos neste mesmo capítulo e tamén no capítulo 16, da

man de Puente Ojea– e presupoñen un acordo conceptual que, na práctica,

apenas se fai explícito. Este feito tan paradoxal parece remitirnos ao fenómeno

da construción social da realidade descrita na socioloxía do coñecemento de

Berger e Luckmann (1976 6 ), especialmente interesada no coñecemento de

sentido común. É como se a natureza da igrexa católica fose un coñecemento

de fondo tradicionalmente compartido por todos os individuos, un elemento do

conxunto de cousas que non se cuestionan por obvias e que conforman a

estrutura da vida cotiá (o que inhibe os cambios sociais e favorece as posicións

de poder estabelecidas).

López Aranguren (1970 2 , 85-97), por exemplo –un intelectual cuxas

ambicións teorizantes sobrepasan con moito as do man in the street–, 496 cando

se enfronta ao problema da significación do concepto de igrexa, só é quen de

contrapor a súa condición de mysterium, corpus mysticum, pobo de Deus ou

sacramentum á súa estrutura visíbel, é dicir, a súa condición de institución

rixidamente xerárquica e xuridicamente organizada, que, de feito, a converte na

“Iglesia más eclesiástica (si se permite la aparente redundancia)” que, unha vez

descentralizada e democratizada a través do principio da colexialidade

consagrado no Concilio Vaticano II, lles proporciona un modelo ás demais

igrexas. Brassloff (1998, 1) anuncia, no limiar do seu estudo sobre a igrexa

católica española no período 1962-1996, que “the term [‘Church’] will be used

throughout as referring both to an institution broadly identified with the

hierarchy, and to ‘the people of God’, a community of believers”. Calleja Sáenz

de Navarrete (1988, 10-11) descualifica por empobrecedora e unívoca a

suposta fixación do “ensayista político” pola xerarquía eclesiástica como elite

do poder e afirma que, como insider, percibe o colectivo eclesial como “plural

en sus personas y grupos”. Díaz-Salazar Martín (2006, 38-39) bota man da

concepción gramsciana da igrexa católica como aparato de hexemonía e como

intelectual orgánico, que nos parece de difícil operacionalización politolóxica.

327

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!