12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

para o nomeamento do vigairo xeral castrense, e a renuncia (suxeita a reservas)

da Santa Sé ao privilexio de foro para sacerdotes e relixiosos. O resto das

materias deixáronse para acordos ulteriores que regulasen os detalles das

relacións entre o Estado e a igrexa católica. Hai que advertir que Franco fora

abondo pragmático para non asinar un acordo como o de 1976, que supuxo

unha cesión de soberanía e a renuncia a un instrumento de control sobre a

igrexa católica. De feito, foi grazas ao padroado rexio que Franco puidera contar

sempre cun episcopado sumiso.

Os acordos que desenvolveron polo miúdo as relacións entre o Estado e

a igrexa católica asináronse o 3 de xaneiro de 1979 (sobre asuntos xurídicos,

económicos, de ensino e culturais, asistencia relixiosa ás forzas armadas e

servizo militar de cregos e relixiosos) e foron ratificados o 4 de decembro do

mesmo ano. O concordato de 1953, por certo, segue en vigor en todo aquilo que

non foi derrogado en 1979, tal e como se recoñece nos preámbulos e nas

conclusións destes acordos. 771 Nótese que a Constitución se promulgou o 27 de

decembro de 1978, e que os cinco acordos foron asinados só sete días despois,

polo que, evidentemente, a súa redacción tivo lugar moito tempo antes da

sanción do artigo 16 da Constitución –concretamente durante os dous anos

anteriores–, e non a partir do devandito texto constitucional, como sería lóxico se

respectase a dignidade da Constitución, no moi discutíbel suposto de que fose

preciso recaer de novo en antidemocráticas prácticas concordatarias. Polo tanto,

e polas datas nas que se elaboraron, estes acordos son propiamente

preconstitucionais. En definitiva, unha considerábel cota da soberanía española

quedou hipotecada –produciuse un despoxo subrepticio de soberanía– en

función dunha folla de ruta plasmada no acordo de 1976, e a igrexa católica –

lonxe das estridencias innecesarias do nacionalcatolicismo e das onerosas

implicacións formais nas estruturas xurídicas do poder estatal– recuperou de

feito, pola propia mecánica do marco legal, un case-monopolio relixioso no

pluralismo nominal da democracia española que consagrou o artigo 16 da

Constitución. Ademais, os acordos do 3 de xaneiro de 1979 son

inconstitucionais, dado que son contrarios ao que prevén os artigos 14 e 16.3 da

lei fundamental.

465

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!