12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

no las condenara, las interpretaciones católicas alternativas eran religiosamente

legítimas. Podían ser rechazadas, pero no condenadas. Inevitablemente estaban

presentes y los católicos españoles, tanto el clero como los laicos, podían inclinarse

hacia ella, leer a Maritain y otros pensadores católicos y utilizarlos para cuestionar el

régimen.

Isto explica que a crise dunha igrexa como aquela –reaccionaria,

legalista, oficialmente tomista, interiormente autoritaria e rural– comezase

cando apareceron na escena política os sacerdotes e os intelectuales católicos

próximos ao falanxismo “liberal”, herdeiro dunha tradición cultural non católica.

Ao final sucedeu que a mesma igrexa que tan ben lexitimara o réxime se

converteu nun dos alicerces da oposición estrutural. 377

En definitiva, a relación entre o Estado franquista e a igrexa católica

substanciouse nunha estraña dialéctica e nunha simbiose ocasional. Unha das

partes desta relación, o Estado franquista, sabía que a igrexa católica dependía

del, polo que non dubidou en presionala para conseguir o apoio lexitimador que

precisaba; tamén tratou de controlala –mediante o privilexio de presentación de

bispos, que lle permitía influír nos nomeamentos eclesiásticos–, utilizouna na

súa política castelanizadora en Cataluña, etc. A outra parte, a igrexa católica,

contou cunha capacidade relativa de mobilización dos seus fieis, pero, ao

tempo, tiña unha dependencia do Estado maior da esperábel. 378

Unha democracia cristiá na historia da España contemporánea?

Segundo Linz 379 , o século XX comezou en España cunha circunstancia que

non se daba en Alemaña, Austria, Bélxica, Holanda, Italia ou Suíza, e que

resulta especialmente chamativa ao ser España un país cunha poboación

católica grande: a inexistencia dun partido católico ou democratacristián. Non

foi até as eleccións de 1933 cando emerxeu a CEDA, un partido de centro-

dereita defensivamente clerical e excesivamente conservador, nun contexto, o

dos anos trinta, no que os republicanos rexeitaban os partidos que

cuestionaban os elementos anticlericais –cando non antirrelixiosos– das leis

constitucionais. Que a recepción da política liberal-democrática por parte do

243

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!