12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

No modelo canónico, a relación entre a reforma pactada (reforma desde

arriba) e a ruptura pactada (ruptura desde abaixo) inclínase claramente, e

mesmo cunha pretensión normativa, cara ao predominio da opción reformista.

Con todo, hai autores que, como veremos inmediatamente, resolven o dilema

reforma-ruptura mediante un arranxo cronolóxico, mentres outros, como

Colomer Calsina (1998), van máis lonxe e entenden que o dilema creou unha

incerteza que desembocou na derrota da opción rupturista. 281

Algúns autores sosteñen que os moderados do réxime e da oposición

pactaron a reforma desde o comezo. A través da negociación chegouse a unha

ruptura pactada que permitiu o desmantelamento dos elementos non

democráticos do Estado franquista e a creación de novas estruturas

democráticas. Morodo (1984, 83-84), v.g., distingue, dentro do reformismo,

entre (a) o continuísmo, que perseguía o perfeccionamento da legalidade

corporativa franquista e equivalía obxectivamente a unha postura inmobilista,

(b) o reformismo continuísta, que pretendía modernizar o réxime existente, e

mais (c) o reformismo pactista, que aceptaba que a reforma tiña que ir máis aló

dos cambios decididos no interior das elites franquistas, é dicir, que era precisa

a negociación coa oposición democrática.

Outros autores, pola contra, 282 entenden que, na primeira fase da

transición, a reforma pactada (reforma desde arriba) e a ruptura pactada

(ruptura desde abaixo) estiveron cronoloxicamente separadas. Nun primeiro

momento (entre o 7 de xullo de 1976 –xuramento de Adolfo Suárez como

presidente do Goberno de España– e o 15 de decembro de 1976 –referendo da

Lei para a reforma política–) levouse a cabo unha reforma legal-constitucional

desde arriba, froito dun pacto interno negociado entre as forzas franquistas

para anular o réxime franquista. Nesta fase tivo lugar un feito histórico único:

foron os titulares das máis altas instancias (o xefe do Estado, o presidente do

Goberno de España, o presidente das Cortes e do Consejo del Reino) os que

utilizaron o seu poder para desfacerse do réxime. En efecto, a transición

española cara á democracia foi un proceso atípico no que dúas institucións

franquistas –o Consejo Nacional del Movimiento e as Cortes– aprobaron unha

reforma que implicou a súa desaparición política, por cinco razóns: (a) o apoio

do rei, (b) a presión da opinión pública, (c) a toma de conciencia da clase

186

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!