12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

desafección política verbo do réxime en crise –cuxo aparato institucional,

porén, non deixou de opor unha forte resistencia– co achegamento a outros

axentes –tales como a democracia cristiá–, e intentou condicionar tanto os

actos dos franquistas reformistas e aperturistas como os da oposición

democrática. Con estas accións de carácter estratéxico, a igrexa buscaba a

preservación dun sistema entre cuxos intereses dominantes estaban

precisamente os da corporación católica, o que requiría un cambio da orde

institucional, un cambio de réxime cuxo remate debía ser unha democracia.

Naquel contexto, a lei de liberdade relixiosa de 1967 –unha consecuencia do

Concilio Vaticano II que diminuíu a presión exercida sobre as confesións non

católicas pero non lle afectou á confesionalidade católica do Estado– apenas

incidiu nos acontecementos.

Durante o proceso real de transición, os bispos españois foron, no seu

conxunto, un grupo conservador reacio a adaptarse aos cambios. A mediocre

formación intelectual e profesional que recibiran –e que os mantiña afastados

dos novos modelos teolóxicos e políticos das igrexas europeas– era

rigorosamente nacionalcatólica e aseguraba a súa lealdade ao réxime

franquista. Ademais, e até 1976, o procedemento para o seu nomeamento

tamén estaba pensado para evitar o seu arredamento político. Os integristas e

tradicionalistas prelados españois foran marxinados durante os debates

conciliares, pero, unha vez que superaron a súa sorpresa e a súa

desorientación iniciais e abandonaron a rixidez do seu inmobilismo

nacionalcatólico, interiorizaron aceleradamente e obedeceron con disciplina as

novas directrices romanas. O concilio colocounos ante a necesidade de

adoptar unha postura de progresiva desafección verbo da ditadura –cuxas

expectativas de supervivencia, polo demais, parecían minguar–, o que explica

que a súa relación clientelar coas demais elites do réxime entrase nunha crise.

De feito, foron precisamente os resultados do Concilio Vaticano II os que

desencadearon o comezo do proceso real de transición, durante o cal a igrexa

católica renovada lle foi retirando ao réxime despótico o seu fundamental apoio

ideolóxico e empezou a operar no campo político como un axente con novas

aspiracións de dominación. Polo tanto, e malia o seu conservadorismo, os

bispos asimilaron a idea de que debían adaptarse ás novas circunstancias

690

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!