12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Os modelos do cambio científico na socioloxía do coñecemento e na

socioloxía da ciencia

Os alicerces: Karl Mannheim

Como xa tivemos ocasión de ver ao final do capítulo 1, Wallerstein (1995 2 , 17-

20) concibe a ciencia social como a creación dun corpo colectivo de persoas

que, dentro de estruturas específicas, se enfrontan aos cambios constantes

que teñen lugar no sistema capitalista. De feito, na fase de institucionalización

das ciencias sociais, as preocupacións empíricas estaban exclusivamente

centradas nalgúns dos países do núcleo duro da economía capitalista mundial,

e o obxectivo do estudo do cambio social era serlles de utilidade ás políticas

públicas. De maneira que unha concepción inmanentista das ciencias sociais é

incompatíbel coa etioloxía e coa natureza da ciencia social tal e como a

concibe Wallerstein.

En realidade, Mannheim 80 xa sostiña desde 1925 que, en esencia, o que

pretende a socioloxía do coñecemento é amosar que existen formas de

pensamento que non se poden comprender se non se comprenden as súas

orixes sociais, do mesmo xeito que non se podería derivar unha lingua da

observación dun individuo illado (cuxo idioma non é propiamente seu, senón un

produto social). 81 Porén, e malia a evidencia de que a posición do observador

inflúe sobre o seu modo de ver as cousas, tradicionalmente a historia

intelectual sostén, dun xeito apriorístico, que os cambios de ideas teñen lugar

exclusivamente no nivel das propias ideas (historia intelectual inmanente). Polo

tanto, e fronte á actitude de ignorar a inxerencia do proceso social na esfera

intelectual, a socioloxía do coñecemento debe ser entendida como unha

disciplina que pretende amosar precisamente que toda posición do

pensamento está vinculada funcionalmente á realidade social que hai tras ela,

ou, dun xeito máis sintético, como a teoría da determinación social ou

existencial do pensamento real. A socioloxía do coñecemento busca unha

comprensión sistemática da relación entre a vida e o pensamento sociais. O

individuo illado non pensa, senón que, como membro dun grupo, está

66

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!