12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Cortázar (1993, 11-12) coincide con Botti cando observa que o

nacionalcatolicismo é unha ideoloxía que lle dá cobertura á recepción cristiá do

capitalismo mediante unha manipulación consistente en separar o liberalismo

económico do liberalismo político. Polo tanto, e en contra do modelo canónico

que analizamos nos capítulos 4 e 7, o franquismo si tivo unha ideoloxía, que foi

precisamente o nacionalcatolicismo. 640 Botti precisa que o nacionalcatolicismo

non é unha ideoloxía arcaizante e antimoderna, porque o que pretende é evitar

os perigos inherentes á modernización capitalista –a revolución e a

secularización– sen pór en perigo o propio desenvolvemento capitalista. A

modernidade capitalista non se considera incompatíbel co nacionalismo

económico e ideolóxico, nin tampouco cun sistema antidemocrático. 641 Como

veremos no capítulo 17, o que fai o nacionalcatolicismo non é outra cousa que

lexitimar ideoloxicamente o modo ibérico-latino de levar a cabo os procesos de

modernización.

A natureza e a dinámica profundas da sublevación militar de xullo de 1936

e da Guerra Civil Española explícanse polos intereses da igrexa católica e da

dereita política sintetizados no nacionalcatolicismo teorizado nas páxinas de

Acción Española 642 . A ideoloxía nacionalcatólica foi quen de (a) unificar e

cohesionar a coalición reaccionaria, 643 así como de (b) converterse en

hexemónica mediante a súa difusión en forma de mentalidade e mediante unha

socialización que a transformou en sentido común. O termo nacionalcatolicismo

empezou a utilizarse fundamentalmente a partir dos anos sesenta do século

XX, 644 e foi a través do uso crítico que del fixeron algúns intelectuais opositores

como comezou a construción do nacionalcatolicismo como obxecto

historiográfico. A esta construción tamén contribuíron algúns intelectuais

católicos que empezaron a afastarse do réxime despótico (Pedro Laín Entralgo,

Antonio Tovar, José Luis López Aranguren, Julián Marías, etc.). Montero García

(2007a, 139) puntualiza que “el término y el concepto nacionalcatolicismo se

acuña en medios intelectuales católicos que hacen una lectura crítica y

autocrítica de una situación y un modelo de relación Iglesia-Estado-sociedad,

estrechamente ligado a la coyuntura de la guerra civil”.

Na etioloxía do nacionalcatolicismo 645 atópanse tres elementos que

forman parte dunha corrente filosófica tradicionalista: (a) a reacción católica

396

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!