12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

846 Truman, por certo, era masón e baptista, o que, segundo Burleigh (2006, 371), explica a súa

antipatía por Franco, así como a exclusión de España do plan Marshall. Armero (1978, 153-

154) aventura a hipótese de que o presidente estadounidense lle “propuso a Franco la

aplicación a España de algunos de los beneficios del Plan Marshall, a condición de que se

dejara de perseguir a los protestantes españoles, condición que Franco no aceptó”. Segundo

Viñas Martín (2003, 95-98, 152-153 e 157), o embaixador dos EUA en España, Griffis, cumpriu

o encargo de Truman de tratar persoalmente con Franco a cuestión da discriminación da

minoría protestante, que constituía un obstáculo de primeira orde para a normalización das

relacións entre os EUA e España; Franco, que non parecía ser consciente da importancia que

a cuestión protestante tiña para Truman, despachou o asunto quitándolle transcendencia, así

que a intolerancia relixiosa seguiu interferindo no achegamento político entre os dous países e,

polo tanto, na recuperación do status internacional de España. Cuenca Toribio (1985, 112-114)

engade que a cuestión da discriminación por motivos relixiosos estivo moi presente nas

negociacións dos acordos de 1953 cos EUA.

847 Segundo Viñas Martín (2003, 40-43, 59-61 e 80-81), a Truman, inicialmente, non lle parecía

posíbel cohonestar a continuidade de Franco no poder coa mellora da situación económica

española; o presidente dos EUA quería que España fose unha eficaz barreira anticomunista,

pero non estaba disposto a prestarlle axuda financeira a un réxime non democrático. Cando

Truman constatou que non contaba co apoio británico para apoiar a oposición non comunista

en España, os EUA redefiniron a súa política e procuraron normalizar as relacións políticas e

económicas co réxime despótico español. Pouco despois empezou a actuar en Washington un

Spanish lobby –formado por católicos, anticomunistas, planificadores militares, políticos

republicanos e homes de negocios– que exerceu presión sobre o poder executivo e contribuíu

a que Truman ratificase en 1950 a concesión dun crédito a España.

V. tamén Story e Pollack, 1991, que analizan a estreita relación entre a política interna

española e as prioridades estratéxicas occidentais.

848 V. Sartorius e Sabio, 2007, 570-573 e 582-585. Kissinger quería unha transición

conservadora, polo que previña contra a participación do PCE e a tentación de acelerar o ritmo

do proceso de cambio. Na súa primeira e moi exitosa viaxe oficial como rei, Juan Carlos I

explicitou o seu reformismo, a súa coincidencia co desexo estadounidense de evitar un cambio

brusco e o seu prooccidentalismo, e logrou o beneplácito de Kissinger e dos medios de

comunicación norteamericanos máis influíntes para destituír a un Arias Navarro caído en

desgraza. Tovias (1991, 180) coincide en que Kissinger desexaba conter a velocidade do

cambio (ou mesmo pórlle un punto final) para poder mantelo baixo control. De feito, a transición

debía durar cinco anos no canto dos dous que durou realmente (referímonos ao que nós

chamamos subproceso formal de transición política), de maneira que a preocupación no

Departamento de Estado non debería sorprendernos. Para Pereira Castañares (2007, 362), a

“actitud de Kissinger fue la más decisiva y sus prejuicios y percepciones condicionaron

permanentemente las relaciones con España. Sin duda, su anticomunismo, su obsesión por la

estabilidad en el Mediterráneo y el deseo de mantener la presencia militar en España actuaron

de fuertes condicionantes desde el inicio de la crisis del franquismo y la revolución portuguesa.

Su apoyo al príncipe significó más que el apoyo a la Transición”.

849 Drake (1994, 17) sostén: “Official U.S. promotion of democracy began with the Democrats in

Congress and the election of President Jimmy Carter in 1976”.

850 Garcés, 1996, 175-180.

851 Tamén Capella (2003, 18) alude a este documento.

852 Neste caso, as razóns do apoio non eran económicas (de feito, a ampliación da CEE era

prexudicial para os EUA) senón políticas: España ía estar máis solidamente vinculada ás

estruturas occidentais, inluídas as da OTAN (Tovias, 1991, 188-189).

853 Pridham, 1991b, 238.

854 Estes pretendían, como sinala Powell (1996, 295), desenvolver unha dobre estratexia: (a)

presionar a xefatura do Estado e o Goberno para que realizasen unha lenta pero segura

democratización e (b) apoiar a oposición moderada nos seus esforzos por ser recoñecida

oficialmente e poder participar nunhas eleccións libres.

855 Debemos observar que, dada a profunda pegada persoal que lle imprimiu tanto á política

interior como á exterior, a era de Konrad Adenauer soe cualificarse de Kanzlerdemokratie.

Sartorius e Sabio (2007, 646) indican erroneamente que a era Adenauer se prolongou até

1966. Quizais pretendan incluír neste período o mandato do tamén democratacristián Ludwig

Erhard, que efectivamente rematou en 1966. Entre 1966 e 1969 ocupou a Chancelaría Federal

845

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!