12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

clericalismo que tanto ha jugado en nuestra historia contemporánea. Superación que,

sin duda, se concretaría en el propio proceso constituyente: dentro del corpus del

consenso este tema formará parte matizadamente del acuerdo general.

Tamén Soto Carmona (1998, 88-92), cando analiza o posterior auxe e

tamén a caída da UCD, así como as relacións deste partido coa igrexa católica,

observa que esta, ao tempo que pretendía distanciarse da política, se atopou

ante a imposibilidade de pór en pe un partido democratacristián –pola

implicación da igrexa católica no réxime franquista–, o que levou os sectores

desta tendencia a integrarse na UCD, 1005 desde onde exerceron presión sobre

o Goberno de España durante a elaboración da Constitución, nas cuestións

relativas ao ensino ou na regulación legal do divorcio. Neste mesmo sentido,

Collado Seidel (1993, 95-96) indica que a influencia dos políticos católicos foi

considerábel. Algúns deles –como Marcelino Oreja ou Alfonso Osorio 1006 –

uníronse no grupo Tácito 1007 , que tiña as súas raíces na ACE e exerceu un

gran poder na UCD. A influencia católica íase notar con gran nitidez no proceso

de elaboración da Constitución, no que a igrexa católica evitou amosar

publicamente a súa intervención directa, aínda que non disimulou o seu gran

interese. 1008 Non é un dato menor, por certo, o feito de que o propio Adolfo

Suárez, o presidente do Goberno de España, fose unha persoa de profundas

conviccións relixiosas, como el mesmo confesa: “En mi etapa como Presidente

del Gobierno de España, de 1976 a 1981, especialmente, he procurado ser fiel

a mis creencias y a mis convicciones. En ellas se aúnan mi fe católica y mi

amor por la libertad y por la justicia. Pienso que el servicio a Dios y a la Iglesia

Católica, en el orden público, implica un compromiso vital por la democracia, la

paz y la libertad”. 1009

Pero os cambios, como indicamos máis arriba, non lles afectaron só ás

elites políticas. Nos anos sesenta do século XX, segundo sinala Collado Seidel

(1993, 86-88), empezouse a constatar a existencia dunha nova orientación

entre o clero máis novo, que xa non pertencía á xeración da cruzada e estaba

en contacto con membros da igrexa católica noutros países de Europa. Fíxose

evidente, dun xeito moi claro, o contraste entre, por unha banda, o dinamismo

das novas correntes teolóxicas e do proceso de renovación litúrxica, e, por

outra banda, a pobreza espiritual e o illamento da neoescolástica e do

574

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!