12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

condicións obxectivas para a implementación dun poderoso movemento

opositor baseado sobre a identidade católica, que cristalizaría na CEDA, e (e)

puxo nas mans dos grupos antirrepublicanos máis radicalizados –apoiados por

unha igrexa católica que desenvolvera un discurso agresivo e conminatorio– un

valioso recurso ideolóxico, moral e propagandístico para a unidade e para a

persecución dos seus intereses. De todos os xeitos, moitas das políticas

públicas –como a relativa ao autofinanciamento da igrexa, á prohibición do

ensino relixioso na escola, ao matrimonio civil e ao divorcio, á liberdade de

cultos, aos cemiterios, etc.– implementadas daquela avant la lettre serían hoxe

perfectamente aceptábeis, mesmo desde a perspectiva da igrexa católica

posconciliar. 705

Malia que, como recorda Callahan (2000, 234), a igrexa católica non foi

reducida á impotencia e seguiu “siendo una institución formidable”, é lexítimo

preguntarse, con García de Andoin (2006b), se a intransixente política relixiosa

republicana non foi máis alá dun proceso laicista de separación entre o Estado

e a igrexa católica. É discutíbel que as Cortes republicanas, lexitimamente

empeñadas en acabar cos privilexios dunha igrexa que percibían como un

obstáculo para a modernización de España, acabasen lexislando de acordo

coas ideas maioritarias na cidadanía en materia relixiosa. 706 De feito, non se

procurou unha solución de conciliación, senón a exclusión do catolicismo do

sistema, o que uniu os sectores antirrepublicanos e dividiu os republicanos. A

estratexia lexislativa republicana “resultó contraproducente porque ofreció una

justificación fácil para una serie de ataques teóricos y conspiraciones”; de feito,

“logró algo que no habían conseguido las generaciones anteriores, a saber:

movilizar a los católicos españoles” (Callahan, 2000, 241 e 243) 707 . É

significativo que, fóra do ámbito subestatal (onde destacaba o PNV), nunca

existise un partido político católico comprometido coa República (Lannon, 1990,

230-232). En realidade, e como apuntan Giner e Sarasa Urdiola (1993, 52-53),

a relixión e a igrexa católicas ocupaban, nos campos social e cultural de

España, unha posición central da que os dirixentes republicanos nunca foron

plenamente conscientes. 708 Neste sentido, Suárez Pertierra (2001, 61) apunta:

La situación española era muy particular en relación con otros países. La Iglesia venía

actuando como legitimadora del poder, y no sólo de la dictadura inmediatamente

432

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!