12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

político que máis contribuíu á crise final do réxime franquista. En efecto, a partir

de 1965, e no prazo dun lustro, a igrexa católica foi quen de reinventar a

tradición nacionalcatólica dando un xiro político que a conduciu, mediante unha

actuación oportuna, decidida, sistemática, gradual e cautelosa, a deslexitimar o

réxime despótico español e, simultaneamente, a lexitimar o novo campo

político democrático, no que procurou asegurarse unha posición central. Roma

impulsou esta operación a través dunha estratexia destinada a despexar

calquera interferencia na negociación coas elites políticas. Tratábase de

neutralizar os elementos máis refractarios ás directrices vaticanas no seo da

xerarquía eclesiástica española ao tempo que se canalizaba a presión das

bases corporativas máis críticas. Esta estratexia tiña tres elementos esenciais.

En primeiro lugar, e mentres non se asinou o acordo de 1976, era

preciso controlar a renovación da xerarquía católica evitando o concurso do

xefe do Estado. Así que se nomearon bispos auxiliares e administradores

apostólicos –ningún dos cales estaba suxeito ao trámite de presentación– de

tendencia reformista e comprometidos co obxectivo estratéxico de separar a

igrexa do Estado franquista. Roma impúxose así a pesar das resistencias

intracorporativas e da inseguridade que sentían os prelados españois, forzados

a renunciar aos recursos políticos dos que dispuñan co propósito de adquirir

novos recursos nun futuro campo político pluralista corporatizado. Un output

conciliar como a Conferencia Episcopal Española, constituída en 1966, resultou

ser un recurso ideolóxico e estrutural ideal para reforzar os efectos da

renovación da xerarquía corporativa de cara á implementación das

determinacións conciliares, cohesionar o corpo episcopal, unificar a súa liña de

actuación e crear unha personalidade colectiva capaz de aparecer en público

unida e homoxénea. Mentres tanto, e xa desde antes do concilio, o clero máis

novo e as bases católicas máis progresistas e contestatarias realizaban unha

importante achega ao labor de oposición dos partidos políticos de esquerda e

dos sindicatos clandestinos. A oposición católica apelaba ao legado conciliar

non só para cuestionar a lexitimidade do réxime ditatorial, senón tamén o

tradicionalismo relixioso da xerarquía eclesiástica. A presión das bases sobre

unhas elites corporativas cuxa actuación política consideraban demasiado

692

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!