12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

1. O ensino da relixión católica axustarase ao estabelecido no acordo sobre

ensino e asuntos culturais subscrito entre a Santa Sé e o Estado español. Para tal fin, e

de conformidade co que dispoña o devandito acordo, incluirase a relixión católica como

área ou materia nos niveis educativos que corresponda, que será de oferta obrigatoria

para os centros e de carácter voluntario para os alumnos.

2. O ensino doutras relixións axustarase ao disposto nos acordos de

cooperación celebrados polo Estado español coa Federación de Entidades Relixiosas

Evanxélicas de España, a Federación de Comunidades Israelitas de España, a

Comisión Islámica de España e, no seu caso, aos que no futuro poidan subscribirse

con outras confesións relixiosas. 1203

No sistema educativo español garántese o ensino da relixión católica (e

das confesións que teñan acordos de cooperación co Estado) cun réxime moi

protector, caracterizado por (a) a obrigatoriedade da impartición da materia de

relixión nos niveis de educación infantil, primaria e secundaria, (b) a non

obrigatoriedade da asistencia ás clases de educación relixiosa por parte do

alumnado, (c) a autonomía das confesións relixiosas verbo dos libros de texto e

do profesorado e (d) o financiamento público do profesorado 1204 . Non debemos

esquecer tampouco que o artigo I do acordo do 3 de xaneiro de 1979 entre o

Estado español e a Santa Sé sobre ensino e asuntos culturais prescribe que a

educación impartida nos centros docentes públicos deberá respectar os valores

da ética cristiá. 1205 Desde o noso punto de vista, esta disposición traspasa o

límite do admisíbel nun Estado democrático que se pretende aconfesional e

cuxos valores deberían ser laicos, por moito que manteña un arranxo

corporatista coa igrexa católica. 1206 Que debería suceder cando un profesor

defende na aula a teoría da evolución biolóxica, a investigación xenética, o

matrimonio entre persoas do mesmo sexo ou o aborto? Podería ser acusado

de non respectar os valores da ética cristiá?

Nun informe sobre o alumnado que recibiu formación relixiosa e moral

católica no curso académico 2007-2008, a Conferencia Episcopal Española

(2008a e 2008b) calculou que (a) tres de cada catro alumnos españois están

matriculados na materia de relixión católica (o 84,9% na educación infantil, o

84,1% na primaria, o 63% na secundaria obrigatoria e o 48,9% no bacharelato),

nunha evolución globalmente descendente desde o curso 2004-2005; (b) nos

650

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!