12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

o el franquismo españoles, por citar algún ejemplo? Es evidente que no”.

Porén, o termo utilízase, e para explicar este feito os autores argumentan que

“las transformaciones que están ocurriendo en las democracias liberales

producen efectos en la estructura social y en el sistema político que, sin

eliminar su naturaleza democrática, se aproximan y recuerdan algunos rasgos

del corporativismo clásico”. En realidade, é o propio Schmitter 424 –é dicir, o

autor, como veremos neste mesmo capítulo, do modelo fundacional do

repertorio corporatista–, quen admite que o termo corporatismo é problemático

na medida en que evoca con demasiada facilidade o fantasma do fascismo e

dos réximes autoritarios, o que leva a supor que o corporatismo debe ser

imposto e mantido pola forza e a través da manipulación simbólica. Giner e

Pérez Yruela insisten en aclarar que non se debe confundir o corporatismo do

que eles falan co corporativismo histórico de signo fascista, que constitúe un

sistema integrado de organización social e política que adopta a forma dunha

ditadura totalitaria dun partido ultrarreaccionario na que os diversos intereses

sociais quedan subsumidos nuns intereses xerais definidos polos grupos

económicos e políticos hexemónicos. 425 En efecto, e como sinala Crouch,

historicamente o corporativismo está relacionado cos intentos de resucitar algo

da unidade orgánica da sociedade medieval fronte ao individualismo e á

atomización do liberalismo e do laissez faire. No corporativismo clásico, o

fundamento da lexitimación adoita ser unha doutrina tradicionalista e

organicista, relixiosa ou nacionalista. 426

Polo tanto, é esencial evitar a tentación de ver no corporatismo unha

continuación do corporativismo fascista. En efecto, e como nos recordan

Kastendiek, Alemann e Heinze, os modelos corporativistas dos anos vinte e

trinta do século XX pretendían ser unha alternativa (a) aos principios da

representación liberal-democrática, é dicir, á articulación política da loita de

clases a través do sistema de partidos e do parlamentarismo; (b) á anarquía da

produción orientada pola economía libre de mercado, que supuña un perigo

para a competitividade das economías nacionais; e (c) á loita económica de

clases, é dicir, á confrontación entre os grupos socioeconómicos. Por estes

motivos, a finalidade dos modelos corporativistas –cando pretendían (a)

reorganizar o sistema político, (b) reestruturar a economía nacional até poder

275

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!