12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ditadura, pero non son precisamente multitude os eclesiásticos que analizan este feito

autocriticamente. Unha excepción é a de Palenzuela Velázquez (1976, 43), que repara nas

estrechas conexiones entre el sistema político nacido de la guerra civil y la desmoralización del país en todos

sus estratos y su empobrecimiento espiritual y cristiano. [...]

[...] La Iglesia en España se ha descargado de una verdadera preocupación por los problemas

políticos del pueblo español, buscando asegurarse, ante todo, la confesionalidad del Estado, para extender

su influencia sobre, prácticamente, todos los españoles y eliminar así todo disentimiento religioso. De este

modo, la Iglesia se sometió al Estado, eludiendo compartir sus responsabilidades por la cosa pública con

hombres de cualquier religión, pero de buena voluntad.

946 Enrique y Tarancón (1980a, 66-67, 1985, 12-17, e 1996, 237) confirma que o episcopado

español vivía alleo ás correntes teolóxicas renovadoras centroeuropeas, e estaba trabucado

cando se percibía a si mesmo como o representante máis cualificado da ortodoxia católica. De

feito, os prelados españois sentíanse obrigados a protexer o que consideraban como a esencia

identitaria do pobo español. (Esta actitude defensiva revela, ao noso entender, a radical

identificación da igrexa da época co legado nacionalcatólico.) Finalmente, e malia o seu

desconcerto inicial, a xerarquía eclesiástica acabou enfrontándose criticamente coa súa

tradición e asumindo os postulados fundamentais liberal-democráticos.

947 V. Álvarez Espinosa, 2003, 194, Blázquez, 1991, 161-162, Brassloff, 1998, 14, Hermet,

1981, 289-290, Iribarren Rodríguez, 1988, 224, e 1992, 235-236 e 257, Laboa Gallego, 1988b,

13-14 e 22-24, 1999, 118-119, e 2006a, 72-73, Montero Moreno, 1997, 196, Pérez-Agote,

2003, 227-228, Piñol, 1999, 268, e Raguer i Suñer, 2006b, 61. Os prelados españois estaban

atrincheirados en posicións reaccionarias ou ultraconservadoras e pensaban que ían a Roma a

continuar co labor doutrinal iniciado no Concilio Vaticano I. Pero non eran os únicos. En

Ynfante, 2004, 66-67, podemos achegarnos ao caso do episcopado polaco.

Araújo Iglesias (1996) estuda o traballo dos seis bispos de Galiza que participaron nas sesións

conciliares, dos que só dous eran galegos (cfr. Cuenca Toribio, 1986). Estes prelados eran o

cardeal Fernando Quiroga Palacios, un dos dous galegos e arcebispo de Santiago de

Compostela (un “home clásico e tradicional, un tanto aberto, pero sempre precavido”, segundo

Araújo Iglesias [1993, 200]; desde logo, Quiroga Palacios non tivo dúbida ningunha á hora de

se opor á liberdade relixiosa, como recordan Cooper [1976, 62] e Raguer i Suñer [2006b, 280];

v. Raguer i Suñer, 2006b, 66-67; unha significativa anécdota sobre o cardeal Quiroga Palacios

pode lerse en Vidal Estévez, 2006, 26/146, nota 2.); o madrileño José López Ortiz, bispo de

Tui-Vigo (de quen Araújo Iglesias [1993, 200] sostén que era “quizais o máis aberto e

intelectual”, mentres Chao Rego [2007, 491] o sitúa no grupo episcopal da dereita; segundo

relata Cooper [1976, 61-62], López Ortiz mantivo unha actitude frontalmente oposta á

separación entre o Estado e a igrexa católica; v. Raguer i Suñer, 2006b, 68 e 280); Jacinto

Argaya Goicoechea, bispo navarro de Mondoñedo-Ferrol (que Araújo Iglesias [1993, 200]

tamén considera aberto, ao igual que Chao Rego [2007. 491], que o sitúa no centro

independente; v. Raguer i Suñer, 2006b, 65); o bispo de Ourense Ángel Temiño Sáez, un

burgalés ultraconservador (Chao Rego [2007, 490] localízao no búnker ideolóxico; v. Raguer i

Suñer, 2006b, 65 e 280); o outro galego entre os bispos de Galiza, Miguel Novoa Fuente; e

Antonio Ona de Echave, o bispo navarro de Lugo (que, segundo Alvilares Moure [1992, 232-

233 e 242-248], era un home moi conservador e amante da pompa relixiosa, mentres Chao

Rego [2007, 490] o cualifica de integrista). (O anterior bispo de Lugo, o valenciano Rafael

Balanza Navarro, morrera en 1960, xusto antes da primeira sesión conciliar. Alvilares Moure

[1992, esp. 82-85 e 220-221] retrátao como un home “perfectamente feudal” pero nada

extraordinario: na medida en que gobernaba con “ilimitada autocracia”, “non era senón un

home da época: cumpría a función que o poder da institución lle tiña marcado”. V. Raguer i

Suñer, 2006b, 64.) Os bispos de Galiza non actuaron como un grupo coordinado, e as súas

achegas, alén de seren representativas das do conxunto da xerarquía católica española –de

orientación integrista (e minoritaria)–, amosaron moi claramente a inexistencia dun discurso

diferenciado. Entre os asuntos que abordaron destacan as relacións entre o Estado e a igrexa

(cun enfoque moi ortodoxamente nacionalcatólico), o principio de liberdade relixiosa (que

consideraban compatíbel coa confesionalidade do Estado e para o que, na aplicación práctica,

esixían fortes limitacións), os dereitos da igrexa católica sobre a sociedade (que defendían con

firmeza, incluído o dereito da igrexa a estabelecer centros de ensino para educar a mocidade

de acordo coa doutrina católica), o uso das linguas vernáculas na liturxia e mais a cuestión

social (coa proposta, neste último caso, de introducir limitacións aos dereitos dos

traballadores).

948 Iribarren Rodríguez, 1988, 226, e Raguer i Suñer, 2006b, 149.

857

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!