12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

a cooperación porque saben que as vantaxes superan, en conxunto, as

desvantaxes. 462 Como observa Alemann (1996, 43), o Estado obtén unha

mellor información e mais axuda para canalizar os intereses sociais, mentres

as elites corporativas poden impor os seus intereses dun xeito máis efectivo.

De feito, e segundo precisa Williamson (1989, 112), as corporacións non

asumen só a responsabilidade de regulación, senón tamén os poderes de

aplicación.

Máis alá do modelo tripartito: unha nova orde social nun mundo de

organizacións

Schmitter 463 , no seu modelo corporatista, limita a súa análise ao campo

económico e critica aqueles sociólogos que definen como corporatista calquera

colaboración estreita entre as asociacións de intereses e o Estado. Tamén

Williamson (1989, xiii) adopta a este respecto unha posición restritiva:

“corporatism has often been seized upon as a term to apply to particular

phenomena without proper consideration being given to the connection

between these and what mainstream corporatist writers consider to be the

subject-matter of corporatism”. E Maier (1984, 40-41) introduce esta limitación

directamente na súa definición do corporatismo: “By corporatism [...] I refer to a

broad concertation between employer and employee representatives across

industries, which is usually established and sometimes continually supervised

under state auspices”. En realidade, a inmensa maior parte dos autores definen

os sistemas corporatistas en termos estritamente económicos. Tamén a

definición do sistema corporativo de Cawson (1981, 291) podería ser un bo

exemplo deste fenómeno: o corporatismo, para este autor, é un sistema

político-económico no que o Estado dirixe as actividades das empresas

maioritariamente privadas xunto cos representantes dun número limitado de

corporacións únicas, obrigatorias, que non compiten entre elas e que están

ordenadas xerarquicamente e diferenciadas funcionalmente. 464

Como xa indicamos no capítulo 9, o modelo corporatista dominante é o

tripartito (en alusión á representación do Estado, do capital e do traballo). En

299

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!