12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

As sorprendentes vacacións romanas da xerarquía católica española

U-la verdade, u-la certeza?

Os prelados españois 944 acudiron ás sesións do Concilio Vaticano II

convencidos de seren os depositarios das esencias doutrinais do catolicismo.

Alleos por completo ás novas tendencias teolóxicas que estaban a

desenvolverse no resto de Europa e ancorados na eclesioloxía “que se refleja

en el Syllabus” (Álvarez Bolado, 1976, 35), 945 crían que o concordato de 1953

certificaba que España se convertera na reserva espiritual de Occidente. 946

Porén, a simbiose española entre o Estado e a igrexa empezaba a resultar

incómoda para aqueles actores internacionais, que, como vimos no capítulo 18,

xa pensaban na saída do franquismo, e tamén para a Santa Sé, que quería

desmarcarse dun réxime condenado e ocupar posicións vantaxosas de cara ao

futuro. Así que, cando chegaron a Roma, os prelados franquistas atoparon un

panorama ben confuso para eles. A Curia, que tentaba controlar os debates por

todos os medios, quedou marxinada na dinámica asemblearia, mentres os

círculos integristas difundían as súas mensaxes alarmistas e os padres

conciliares máis afíns ao espírito do aggiornamento ían impondo as súas teses:

apertura á modernidade, separación entre o Estado e a igrexa, ecumenismo,

renovación litúrxica. Os españois, obviamente, non ían preparados para este

debate e quedaron fóra de xogo; ademais, tiñan dificultades para superar as

barreiras lingüísticas. “Asistieron al concilio mudos [...], atónitos y hasta

escandalizados algunos por lo que allí se estaba diciendo [...]” (Tamayo-

Acosta, 1978, 200-201). 947

Con todo, e en contraste cunha parte importante das bases católicas –

que se adiantaran nas actividades de oposición ao réxime franquista–, a

xerarquía eclesiástica española non perdeu a súa impasibilidade até os

acontecementos ligados ao concilio. Como nos confirman Blázquez (1991, 161-

162), Callahan (2000, 396), Cooper (1975, 29, e 1976, 61-63), Fernández

Fernández (1999, 75-83) e Iribarren Rodríguez (1992, 235), os bispos viaxaron

a Roma sen intuíren os cambios doutrinais e pastorais que se lles aveciñaban,

550

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!