12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Neste sentido, pensamos que cando os autores canónicos aseveran que

as transicións son consecuencia das crises dos réximes autoritarios –e, polo

tanto, son protagonizadas polas forzas políticas internas–, 245 ao tempo que

sosteñen que o papel que lles corresponde aos actores e aos factores externos

é indirecto, secundario ou mesmo marxinal, é dicir, basicamente irrelevante, o

que están a facer é considerar que os actores e os factores externos, como

elementos dos procesos transicionais, son un pseudoproblema. O’Donnell e

Schmitter ([1986], 35) sintetizan perfectamente a posición canónica neste

campo cando afirman que non parece ter sentido nin investigar o factor ou o

contexto internacional que pode inducir os gobernantes autoritarios a

experimentar coa liberalización, nin estudar quen é capaz de provocar un

predicíbel derrubamento dos seus gobernos. Porén, e como veremos no

capítulo 18, a futilidade desta investigación parece menor despois dos traballos

de autores como Garcés (1996 e 1999) ou Sartorius e Sabio (2007).

É seguramente Whitehead (1994 e 1996) o autor canónico que máis se

detén nesta cuestión. Partindo de que na literatura transicional os factores

externos teñen un papel secundario, suxire unha pauta típica de influencia

internacional nos procesos e transición política. No que coidamos que é o

núcleo da súa reflexión, o autor observa que as sociedades que pretenden

promover a democracia alén das súas fronteiras son todas sociedades

capitalistas liberais dominantes, relativamente estábeis e ricas, mentres as

sociedades periféricas que aspiran a altos niveis de prosperidade e de

estabilidade teñen que equipararse politicamente coas comunidades do centro

do sistema e converterse en democracias. Porén, esta proposta relativa á

influencia internacional resulta excesivamente xenérica e vaga, polo que

Whitehead descende á realidade da influencia dos actores internacionais nos

procesos de transición desde o autoritarismo para constatar que as forzas e as

verdadeiras intencións das partes enfrontadas son impredicíbeis e incertas.

Así, é probábel que para a maioría destas entidades políticas rivais –moitas

das cales son anteriores ao proceso de transición e non van lograr

sobrevivirlle– a democracia non sexa a primeira opción, polo que o apoio

internacional –aínda que só sexa simbólico, insubstancial, externo– vai ser

esencial para moitos actores que participan no proceso. Neste sentido, a Unión

163

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!