12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

política de dominación de clase e as correspondentes fórmulas prusiana e

xaponesa, que, no seu día, levaron a cabo modernizacións desde arriba.

Segundo Giner (1971, 125, e 1981, 14-30), o fascismo xurdiu como a

fórmula que resolveu as contradicións entre a orde política liberal-conservadora

e as transformacións sociais que se produciran ao longo do século XIX, xa que

(a) permitiu seguir a lexitimar o tradicional sistema de desigualdade, (b)

fomentou as arelas colectivas de grandeza nacional, (c) incrementou a

industrialización capitalista e (d) destruíu definitivamente os movementos

revolucionarios da esquerda. Desde esta perspectiva, a natureza clasista da

Guerra Civil Española non ofrece dúbidas.

Periodificación. O nacionalcatolicismo e a igrexa católica no réxime despótico

Se neste capítulo subliñamos, con Saz Campos, a importancia da fascistización

para caracterizarmos axeitadamente o réxime despótico español, é porque

cremos que os réximes fascistizados teñen, en xeral, unha gran capacidade de

transformación dado que son esencialmente ambivalentes, é dicir, mesturan

recursos propios da rixidez fascista con outros asociados á flexibilidade dos

réximes non fascistas. Isto explica que a ditadura franquista durase case 40

anos. Agora imos repasar brevemente as diferentes etapas históricas do

réxime franquista coa axuda do modelo proposto por Morodo (1984, 47-72), o

que nos vai permitir observar como a adaptabilidade dos réximes fascistizados

pode producir resultados moi duradeiros.

Morodo identifica tres etapas do Estado franquista, a primeira das cales

foi a da ditadura constituínte, durante a Guerra Civil Española. O franquismo foi

unha consecuencia bélica (fascismo de guerra), é dicir, xurdiu como resultado

dunha guerra totalizadora. O poder decisorio último estivo sempre nas mans de

Franco. A xefatura única, o partido único e mais o sindicato único non excluíron

un pluralismo competitivo entre monárquicos, carlistas, católicos, conservadores

e militares, con predominio da Falange. Todos estes sectores confluíron no

catolicismo. Morodo (1984, 54-55) caracteriza esta etapa da seguinte maneira:

381

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!