12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

As institucións de neutralización ideolóxica: a cultura de masas

Giner e Sevilla-Guzmán 663 describen as institucións de neutralización

ideolóxica como aquelas que, normalmente pertencentes aos campos

educativo e recreativo, foron creadas polo réxime para as classes

dangereuses, é dicir, para os sectores sociais alleos ás clases de servizo e,

polo tanto, infieis. Controlaban os medios informativos e manipulaban a opinión

pública a través de espectáculos e conmemoracións dirixidos a focalizar neles

a atención destes sectores. O obxectivo das institucións de neutralización

ideolóxica era conseguir un uso menos intenso da represión policial mediante a

indución da apatía política e da aceptación pasiva do réxime. Destas

institucións formaban parte Educación y Descanso; algúns elementos alleos

per se a calquera actividade política a prol do sistema, como o fútbol, os touros

e as celebridades –como Raphael ou Lola Flores–, instrumentalizados a través

dos medios de comunicación; a censura; o control dos medios de

comunicación; etc.

Nesta mesma liña, Fusi Aizpurua (2000, 185-192 e 219) tamén se refire

ao fútbol, aos touros, á literatura de quiosco, ao cine e á radio como fenómenos

pertencentes á subcultura de consumo de masas, que carecía de

“preocupaciones políticas e intelectuales” pero gozaba dunha “gran popularidad

y difusión pública”, de maneira que “favorecía, vía el entretenimiento y la

evasión, la integración social y la desmovilización del país, objetivos políticos –

mucho más que la nacionalización de las masas– del nuevo régimen”. En

realidade, tratábase de inducir unha especie de Gleichschaltung do gusto, da

sensibilidade e das afeccións populares, ao tempo que se invisibilizaban os

problemas reais e as propostas provenientes da oposición cultural.

A cooptación política e mais a obediencia pasiva

Nos modernos réximes despóticos, o recrutamento para os empregos públicos,

máis que ideolóxico, é tendencialmente pragmático, como constatan os nosos

autores 664 . O que se lles esixe aos membros das clases de servizo é lealdade

403

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!