12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

1953 lle reservaba ao xefe do Estado; (b) o diálogo cos cregos (que culminou,

no ano 1971, na asemblea conxunta de bispos e sacerdotes); e (c) a

desactivación dos movementos de base (v.g. a JOC e as HOAC). Coa

implementación desta estratexia, a igrexa católica acadou dous obxectivos

fundamentais: por unha banda, o control da presión “desde abaixo”, que lle

abríu á xerarquía católica as portas da negociación coas elites políticas sen

interferencias, e, por outra banda, a conformación dunha maioría episcopal

reformista que neutralizase os prelados máis inmobilistas. Neste sentido, é moi

significativo que o derradeiro documento episcopal español no que apareceu

un apoio ao réxime franquista date de 1966. 1022

A creación da Conferencia Episcopal Española

Un output conciliar decisivo

Un elemento central desta estratexia foi precisamente a Conferencia Episcopal

Española, constituída en 1966 como resultado das resolucións do Concilio

Vaticano II sobre a colexialidade dos bispos e a descentralización. 1023 Alberigo

(2005, 90) subliña que nos debates conciliares se buscou dotar estes

organismos de (a) un ámbito competencial claro fronte ao centralismo romano,

de (b) máis medios e un maior pluralismo para analizar e solucionar os

problemas e de (c) a capacidade de adopción de orientacións comúns.

Segundo Bourdieu e Saint Martin (1982, 2-4 e 38-39), estes organismos (a)

reforzan a cohesión dos corpos episcopais, (b) facilitan a elaboración dunha

liña común baseada sobre a conciencia dos intereses específicos e (c)

permítenlles aos bispos actuar como unha personalidade colectiva que produce

dun xeito colexiado documentos colectivos e declaracións conxuntas. A

maiores, se é certo que o episcopado valora enormemente a súa imaxe

corporativa, para a que traballa dun xeito consciente e sistemático co obxectivo

de aparecer publicamente como un corpo unitario e homoxéneo, 1024 a decisión

conciliar puxo nas súas mans un instrumento especialmente valioso.

580

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!