12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

comprenderse se non se ten con conta a súa relación coa existencia ou coas

implicacións sociais da vida humana. Pero se o proceso de coñecemento está

influenciado por diferentes factores extrateóricos, non poden existir leis

inmanentes que o gobernen. Estaríamos pois en presenza de factores ou

condicións existenciais –alén dos puramente teóricos–, que inflúen na xénese

histórica dos produtos do pensamento, penetran nas súas formas e no seu

contido e determinan a perspectiva do suxeito, é dicir, o alcance e a

intensidade da súa experiencia e da súa observación. 83

Á estratificación social correspóndelle a multidireccionalidade das

correntes intelectuais. Polo tanto, as posicións particulares do pensamento e do

coñecemento non se desenvolven desde si mesmas, senón que responden ás

expectativas dun estrato social, é dicir, á posición social e ao xeito de

interpretar o mundo por parte deste grupo 84 . Así, hai moitas tendencias de

pensamento que coexisten, se contradín e loitan entre elas, porque as

experiencias son interpretadas de xeito diferente. A causa do conflito non pode

ser o “obxecto en si” –é dicir, a propia teoría–, porque daquela non se

comprendería a razón pola que un mesmo obxecto pode ter tantos aspectos

diferentes. A causa son os diversos impulsos opostos, que son reconducíbeis á

matriz dos intereses colectivos. É a análise sociolóxica a que revela o treito

oculto que hai entre os impulsos orixinais da observación e as conclusións

teóricas. Moitos antagonismos aparentemente teóricos poden así ser

identificados como diferenzas filosóficas fundamentais que obedecen á

competencia entre grupos opostos. Porén, non é que cada estrato social teña a

súa propia posición do pensamento e do coñecemento. De feito, sería

imposíbel, dada a diversificación dentro do mundo intelectual, atribuírlle cada

corrente ou cada posición a unha clase determinada. O que hai son estratos

intelectuais, grupos humanos unidos por unha vontade de mundo (económica,

de pensamento, artística, etc.) e comprometidos cunha economía e cun estilo

de pensamento, que se interpoñen entre as clases –determinadas verbo do

proceso produtivo– e as posicións intelectuais. 85

O feito de que nunha mesma época convivan múltiples correntes de

pensamento non significa que unha desas correntes non poida converterse en

dominante. Porén, aínda nestas circunstancias non se debe esquecer que os

68

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!