12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

ealidade política en insegura e cambiante. Desde a perspectiva do

conflitivismo metodolóxico, que analiza as manifestacións fundamentais do

conflito, o individuo colisiona con aqueles outros individuos cuxos actos están

guiados, ou ben polos mesmos obxectivos que ten el, ou ben por obxectivos

incompatíbeis cos seus. Se a sociedade cambia é precisamente porque entran

en conflito os intereses dos axentes espallados polas distintas posicións do

campo.

O propósito do corporatismo é xustamente a xestión e mais o control dos

intereses en conflito. Os seus elementos básicos son o consenso –que aquí

adquire unha dimensión esencialmente ideolóxica, como expresión da

dominación que algúns axentes exercen sobre outros– e mais a simbiose entre

o Estado e as corporacións. Mentres o Estado se concibe como un instrumento

da orde social, a corporación é toda aquela organización cuxos socios achegan

os medios para o seu funcionamento, se dotan dunhas normas internas,

dividen entre eles o traballo e distribúen o poder ao longo dunha estrutura

xerárquica que culmina nos líderes e na burocracia. Ao corporativismo histórico

–o dos anos vinte e trinta do século XX, cuxa etioloxía estivo marcada pola

terceira vía teorizada pola igrexa católica e que influíu profundamente no

modelo franquista– interesáballe fundamentalmente manter a harmonía e mais

a orde sociais, e sobre os seus alicerces ideolóxicos elitistas, autoritarios,

nacionalistas, tradicionalistas, organicistas, antiparlamentarios e antiliberais só

podía construírse un edificio político sostido pola vontade manifestada, a través

das súas organizacións representativas, polos grupos sociais, económicos e

políticos hexemónicos.

Pero o corporativismo histórico non está na orixe do repertorio

corporatista, que xurdiu nos anos setenta do século XX cando os modelos

pluralistas dominantes amosaron a súa incapacidade para explicaren

satisfactoriamente os mecanismos utilizados nas democracias para a

intermediación de intereses e para a resolución dos conflitos. Porque é obvio

que o pluralismo, convencido de que é nun contexto aberto onde as

organizacións, independentes do Estado, compiten entre si, non deu conta da

irrupción, no escenario político, do corporatismo, é dicir, dun novo sistema de

intermediación de intereses privados. Certos axentes –concretamente as

681

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!