12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A conferencia episcopal 590

Gutiérrez (1987, 235) sinala que os textos conciliares configuran a conferencia

episcopal “como una reunión en la que prevalece el intercambio de opiniones y

de experiencias, aunque podrán también adoptarse decisiones de carácter

jurídico”. Nos canons 447 a 459 do Código de dereito canónico regúlase a

conferencia episcopal, que basicamente ten unha función de coordinación

“pastoral”. Souto Paz (1995 3 , 285) especifica que a conferencia episcopal ten

“como misión primordial la adopción de posturas comunes ante temas de

interés nacional”.

Por regra xeral é a asemblea episcopal da igrexa nacional, e está

integrada, entre outros, polos bispos diocesanos. Conta con estatutos de seu

(revisados pola Santa Sé) e cunha estrutura orgánica permanente –asemblea

plenaria, comisión permanente e secretaría xeral–, e está dirixida por un

presidente. A conferencia episcopal pode emitir decretos xerais con forza de lei

(similares aos decretos-lei no ordenamento xurídico español) sempre que o

faga dentro do seu ámbito competencial, que a decisión sexa adoptada pola

asemblea plenaria por unha maioría de dous terzos dos bispos con dereito a

voto deliberativo (os diocesanos, os equiparados aos diocesanos, os

coadxutores e, se así se prevé nos estatutos, os auxiliares e os demais

titulares) e que sexa revisado pola Santa Sé. 591 Segundo Gutiérrez (1987, 248-

253), a conferencia episcopal recibe a súa potestade do papa mediante

desconcentración, e as súas decisións dotadas de forza xurídica obrigatoria

deben ser cumpridas nas dioceses, mentres que nos demais casos serán os

bispos os que decidan individualmente 592 .

Nós entendemos que as conferencias episcopais actúan, (a) como

acabamos de ver, por desconcentración do poder papal, pero tamén (b) en

exercicio dun ámbito competencial que lles confire unha autonomía limitada,

que deriva a maiores da autonomía da que, como veremos infra, gozan os

propios bispos que integran as conferencias.

Os documentos doutrinais emanados da conferencia episcopal non

teñen forza de obrigar pero, unha vez publicados –sempre que reúnan os

requisitos que deben reunir os decretos xerais– poden ter un impacto

363

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!