12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A ideoloxía como instrumento de lexitimación da dominación política

Seguindo a Eagleton (1995, 21), podemos identificar dous modelos relativos á

ideoloxía: (a) un modelo central de inclinación epistemolóxica –cuxos autores

máis importantes son Hegel, Marx, Lukács e algúns pensadores marxistas

posteriores–, que amosa un interese especial pola noción de ideoloxía como

ilusión, distorsión ou mistificación –é dicir, pola idea do coñecemento

verdadeiro ou falso, real ou irreal–; e (b) un modelo alternativo de inclinación

sociolóxica –do que veremos un exemplo no seguinte apartado deste capítulo–,

fundamentalmente centrado na función social das ideas.

Entre estes dous modelos pivota a herdanza marxista, da que Puente

Ojea (1993 6 , 11-78) ofrece un exemplo actual cando propón acudir ás XI teses

sobre Feuerbach de Marx, nas que se postula que a conciencia é un produto

social. Non é a conciencia a que determina a vida, senón a vida a que

determina a conciencia, porque as representacións e as ideas son unha

emanación directa da actividade material e do comercio material das persoas.

N’A ideoloxía alemá e no prefacio de 1859 á Contribución á crítica da economía

política, Marx é aínda máis claro: os pensamentos dominantes son a expresión

ideal das relacións materiais dominantes (que fan dunha clase a clase

dominante), xa que o modo de produción da vida material condiciona o proceso

da vida social, política e intelectual en xeral. A clase que é a potencia material

dominante da sociedade é tamén a potencia espiritual dominante, de aí que

todas as formas de conciencia atopen a súa explicación xenética na estrutura

socioeconómica. As clases dominantes producen inconscientemente formas de

conciencia falsa que operan como poderosas instancias de conservación dos

seus intereses de clase. En definitiva, as ideoloxías constitúen un sistema

mental orientado polo interese de clase e destinado a disfrazar as relacións

socioeconómicas para preservar a situación favorábel a unha determinada

clase. Todas as clases sociais participan da ideoloxía dominante, pero mentres

que, para as clases dominantes, o seu horizonte utópico funciona como

referencia lexitimadora dos seus privilexios, para as clases dominadas opera

como explicación da súa condición subordinada e como garantía da

expectativa dunha satisfacción final das aspiracións insatisfeitas no presente.

208

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!