12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

doutores, e moitos estaban en posesión de varios títulos académicos

superiores. Malia este nivel formativo aparentemente alto –sobre todo no

ámbito teolóxico–, os bispos españois non destacaron nin no Concilio Vaticano

II nin nos sínodos posteriores, nin tampouco nos documentos colectivos

anteriores ou posteriores, porque, como veremos no capítulo 19, vivían

inmersos nunha eclesioloxía arcaica e de costas ás correntes teolóxicas

renovadoras do resto de Europa.

Os traballos bibliográficos e o labor intelectual. O labor cultural do

episcopado español non se caracterizou nin pola súa prodigalidade nin pola

súa brillantez. De feito, a renovación cultural afectoulles máis aos estratos

sacerdotais que á xerarquía. A capacidade intelectual –na súa vertente

publicística– non era unha condición esencial nin tampouco un mérito

fundamental para a selección da xerarquía corporativa eclesiástica española,

ao contrario do que sucedía, por exemplo, en Francia ou na Europa central. De

modo que a igrexa católica española actual non ten apenas bispos coñecidos

por unha obra intelectual de verdadeira relevancia.

Os cargos previos ao episcopado. A atención espiritual e mais a

dirección de parroquias semellaban ser as ocupacións máis comúns de quen

accedía ás funcións episcopais. Nisto produciuse unha creba verbo dos

períodos precedentes: os cabidos catedralicios xa non accedían á xerarquía

corporativa. Tamén os postos máis estritamente xurídicos –auditores da Rota,

fiscais, promotores, etc.– foron tidos en conta en menor medida á hora da

promoción ao rango de bispo, mentres os docentes eclesiásticos accedían con

frecuencia á xerarquía corporativa católica.

Os cambios na xerarquía corporativa entre 1963 e 1975

Neste período produciuse unha aceleración no proceso de cambio das

actitudes do episcopado, que se achegou máis á base social e eclesiástica,

aínda que non dun xeito xeral e definitivo. Nos anos do Concilio Vaticano II e

do primeiro posconcilio (entre 1963 e 1971), a distancia entre a xerarquía e a

416

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!