12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

xerarquía eclesiástica accedeu ás Cortes, ao Consejo de Estado, ao Consejo

del Reino e ao Consejo de Regencia, entre outras altas institucións. Ademais,

determinados grupos católicos adquiriron un importante protagonismo: a

ACNP, a ACE, a Confederación Católica de Padres de Familia e, máis tarde, o

Opus Dei. A seguinte relación pode servir como exemplo de até que punto

determinadas elites predominaron (de acordo co volume de cargos ocupados)

nas altas esferas institucionais do réxime franquista: (a) até xullo de 1945 foron

maioría os militares e os falanxistas, mentres os católicos só obtiveron tres

carteiras ministeriais –todas no chamado Gobierno de la Victoria–, aínda que a

de Educación Nacional a reterían até 1956; (b) entre 1945 e 1951, os

falanxistas retrocederon lixeiramente mentres os militares gañaron unha

mínima vantaxe sobre os católicos; e (c) entre 1951 e 1957, os militares

gañaron unha clara vantaxe sobre os falanxistas e os católicos (entre os que a

relación de equilibrio se estabilizou).

Durante estes aproximadamente vinte anos, os católicos acumularon ao

redor do 25% do total dos altos cargos. As súas áreas de influencia foron, entre

outras, as seguintes: (a) a presidencia do Goberno, cuxo titular exclusivo desde

1941, Luis Carrero Blanco 755 , era membro da Junta Nacional de Acción

Católica (e, anos despois, sería a chave do acceso do Opus Dei ás altas

esferas do poder); (b) o Ministerio de Asuntos Exteriores, nas mans da ACNP a

partir de 1945; (c) os ministerios de Educación e de Información e Turismo,

onde os católicos estiveron practicamente equiparados cos falanxistas; (d) o

Ministerio de Traballo, maioritariamente controlado polos falanxistas, aínda que

os católicos ocuparon aproximadamente o 28% dos cargos; e (e) o Ministerio

de Obras Públicas, controlado entre os militares e os católicos.

Paralelamente ao control político exercido polos grupos apuntados

volveron agromar as redes sociais informais como vías para chegar a

determinados centros de decisión nos lugares menos desenvolvidos de

España. De feito, nestes casos, a estrutura clientelista non só non

desapareceu, senón que foi propiciada polo réxime. En concreto, e como trazo

particular do franquismo respecto de épocas anteriores, estaríamos en

presenza dun clientelismo subalterno de tipo burocrático, en contraposición ao

power patronage:

446

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!