12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

por unha comunidade científica particular, durante unha época, como o alicerce

da súa práctica posterior– resístese a miúdo a incorporar innovacións

fundamentais, porque só poden ser subversivas para os seus compromisos

básicos. 98 Porén, pode chegar o momento no que a profesión xa non pode

ignorar as anomalías que subvirten a tradición científica existente; e este

momento é unha revolución científica. Prodúcese o cambio de paradigma 99 , un

episodio extraordinario no que teñen lugar mutacións de compromisos

profesionais que producen unha nova base para a práctica da ciencia, é dicir,

mudan as regras que rexían a práctica anterior da ciencia normal. Mentres ese

momento non chega, é posíbel que un paradigma conduza a comunidade ao

illamento verbo de problemas sociais importantes, que non poden enunciarse

coas ferramentas conceptuais e instrumentais do paradigma. En definitiva,

mentres a investigación científica normal procura a articulación dos fenómenos

e das teorías xa proporcionados polo paradigma, o patrón usual de

desenvolvemento dunha teoría madura é precisamente a transición sucesiva

dun paradigma a outro por medio dunha revolución. 100

A elección entre paradigmas en competencia equivale á elección entre

modos incompatíbeis de vida da comunidade. 101 A competencia entre

paradigmas non pode resolverse por medio de probas, é dicir, dado que

ningunha comunidade vai dar por sentadas as suposicións non empíricas que a

outra comunidade precisa para poder desenvolver os seus argumentos,

ningunha comunidade pode aspirar a probar os seus argumentos, a convencer

a outra do seu modo de entender a ciencia. De aí que os debates sobre a

elección entre paradigmas sexan circulares, porque, para defender o seu

paradigma –a súa norma suprema–, cada comunidade utiliza precisamente os

argumentos do seu propio paradigma. 102

Así que quen ten que optar entre varios paradigmas non pode tomar

proba ningunha como base da súa decisión. Esta decisión por un paradigma

determinado é, de feito, unha cuestión de fe: as partes intentan converterse

mutuamente mediante a persuasión. 103 E é que as persoas que propoñen os

paradigmas en competencia practican as súas profesións en mundos

diferentes, o que as leva a ver cousas diferentes aínda que miren na mesma

75

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!