12.04.2013 Views

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

O Estado oculto - Repositorio Institucional da USC - Universidade ...

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

triunfo da alternativa reformista se verificou unha síntese entre ruptura e

reforma: desapareceu o réxime franquista pero permaneceron as institucións

do Estado, que se reformaron. 802

As eleccións ás Cortes do 15 de xuño de 1977

As negociacións entre o Goberno de España e a oposición conduciron,

segundo Morodo (1984, 155-168 e 187-199) aos seguintes resultados: (a) A

lexitimación indirecta da coroa. A monarquía foi o punto de partida do

consenso; de feito, a forma de Estado nin sequera foi obxecto de grandes

debates, até o punto de que non se celebrou un referendo sobre esta

cuestión. 803 Con todo, puidéronse observar posicións políticas diferenciadas: os

nacionalistas vascos e cataláns máis radicais eran netamente republicanos, o

PSOE era republicano pero aceptaba a monarquía (republicanismo

testemuñal), e AP, UCD, PSP 804 , PCE 805 e outros (entre eles os nacionalistas

vascos e cataláns máis moderados) apoiaban a monarquía. Gómez Movellán

(1999, 38) observa criticamente que “el símbolo más expresivo de que la

Constitución del 78 no fue un acto radical de proclamación de la voluntad de la

Nación fue la imposición del régimen político, la Monarquía, antes de que

comenzara el proceso constituyente”. 806 (b) A non esixencia de

responsabilidades aos franquistas. (c) O recoñecemento de todas as forzas

políticas da oposición. (d) A elaboración dunha normativa electoral

consensuada.

O 9 de abril de 1977 produciuse a legalización do PCE, previamente

acordada entre o Goberno de España e a comisión negociadora (o momento

concreto da legalización quedou nas mans de Suárez). Os sectores máis

conservadores reaccionaron inmediatamente: Manuel Fraga Iribarne cualificou

a legalización de golpe de Estado, e o sorprendido exército, que fora

manipulado polo presidente do Goberno de España, reaccionou coa dimisión

do ministro da Mariña, o almirante Pita da Veiga, e cunha nota indignada do

Consejo Superior del Ejército. Pola contra, a igrexa católica non se pronunciou

oficialmente. 807 O 15 de xuño de 1977 –cando só transcorreran seis meses

495

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!